Accesibilidad

Noticias 

© GIES | 24/04/2025 | G de I. Emerxenciais Sociais de G.

O CDR O Viso participa no novo Grupo de Intervención en Emerxencias Sociais de Galicia

24/04/2025

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso súmase ao novo Grupo de Intervención en Emerxencias Sociais (GIES), unha iniciativa pioneira en Galicia que busca dar resposta rápida e especializada ante situacións de emerxencia social e grandes catástrofes.
A nosa compañeira Paula, traballadora social do CDR O Viso, forma parte deste equipo multidisciplinar, que nace ao abeiro do convenio asinado recentemente entre o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
A primeira xuntanza oficial do GIES celebrouse o pasado sábado, marcando o inicio dunha nova etapa para a intervención social en situacións de crise no noso territorio.
Para o CDR O Viso, esta colaboración representa un paso histórico na defensa e visibilización do traballo social, reafirmando o noso compromiso de estar sempre presentes onde máis se necesita.
Seguiremos informando dos próximos pasos e accións deste grupo, que supón unha aposta decidida por unha Galicia máis solidaria, preparada e humana.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias