Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 22/04/2025 | Día da Terra 2025

Coidar da xente, coidando a terra; coidar da terra, coidando a xente

Ser humano é recuperar a conexión coa Terra

22/04/2025

Este 22 de abril, día da Terra, lembramos o que foi o titular da Revista Irimia no seu nº 1062 con motivo da celebración da Romaxe 2024 centrada na necesidade dos coidados. Coidar da xente, coidar da terra. Coidando da xente coidamos a terra e coidando a nosa terra coidamos da nosa xente. Facendo da nosa tradición e maneira de vivir unha fonte de inspiración para o coidado da vida que dá vida. Iso celebramos entón e celebramos hoxe.
A XLVI Romaxe de Crentes Galegas e Galegos que celebramos en Lodoselo o sábado 14 de setembro: A Terra quere coidados; unha xornada inesquecible, chea de espiritualidade e conexión coa natureza.
Para os que xa imos tendo bastantes anos e somos fillas/os dunha educación que xunguía o traballo  con moitos valores e mesmo co beneficio moral, a autorrealización, o fortalecemento do carácter... dicimos que temos unha “ ética do traballo”, admitimos que dalgunha maneira tamén somos o que facemos.
Aprendemos que o facer auténtico é darlle sentido á tarefa mesma, gozar polo pracer de facer; é un facer que nos fai. O benestar como a gratificante estancia nun espazo co que nos sentimos en harmonía. O estar de ese benestar é estar cos pés na terra. Porque somos chan, somos terra. Aprendemos das labregas/os que selo é moito máis que un oficio ou un emprego: é ter unha forma de vida. Somos chan, somos terra e ese solo san e fértil dá plantas saudables e fértiles que á súa vez dan persoas saudables.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias