Noticias
© CDR O Viso | 16/04/2025 | Trasmiras alfabetización dixital
O pobo de Trasmiras acolleu unha formación en alfabetización dixital para persoas en situación de desemprego
Sentirnos acompañadas nun proceso de aprendizaxe colectiva
16/04/2025
Durante os meses de marzo e abril, desenvolveuse no concello de Trasmiras o programa Autonomía Dixital no Rural I, unha formación centrada na alfabetización dixital dirixida a persoas desempregadas. En total, realizáronse 8 sesións formativas nas que participaron 11 persoas procedentes tanto do propio pobo coma doutras localidades próximas.
Esta formación foi impartida pola área educativa do CDR O Viso, que deseñou un itinerario práctico e adaptado ás necesidades reais das persoas participantes. O obxectivo principal foi mellorar a súa autonomía dixital, dotándoas de coñecementos e habilidades básicas para manexarse con maior soltura cos seus dispositivos móbiles.
Ao longo das sesións, abordáronse cuestións esenciais como o uso de WhatsApp, a realización de chamadas, a utilización da aplicación do SERGAS, a busca de contidos en YouTube, así como a descarga de aplicacións de interese persoal e a interpretación dos principais símbolos presentes nos dispositivos, entre outros.
A acollida da formación foi moi positiva, tanto pola utilidade dos contidos como polo clima de colaboración que se xerou entre as persoas participantes. Para moitas delas, este foi un espazo non só para aprender, senón tamén para compartir e resolver dúbidas conxuntamente.
Nun mundo cada vez máis dixitalizado, é fundamental que as persoas que viven no rural teñan acceso a ferramentas e formacións que lles permitan participar plenamente da sociedade dixital actual. Este tipo de iniciativas non só achegan coñecemento e recursos, senón que tamén dinamizan a vida comunitaria e fortalecen os lazos sociais, xerando espazos onde o apoio mutuo e o sentimento de pertenza son tan valiosos como as habilidades adquiridas.
O programa, Autonomía Dixital no Rural I, enmárcase no marco da Orde de subvención do 27 de xuño (DOG Núm.130 de 10 de xullo), pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS631A).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias