Noticias
© CDR O Viso | 16/04/2025 | Centro de día abril 2025
No Centro de Día, envellecer tamén é vivir con ganas
Competimos con nós mesmos
16/04/2025
Cada día no noso Centro de Día traballamos por algo máis que o coidado: apostamos polo envellecemento activo, pola prevención da dependencia e pola felicidade das persoas maiores do medio rural.
Facémolo a través de actividades pensadas para activar o corpo e a mente, manter rutinas saudables, reforzar vínculos sociais e, sobre todo, pasalo ben.
Xogos de memoria, estimulación cognitiva, talleres de psicomotricidade, música, contos, concursos, festas... Todo vale cando o obxectivo é vivir mellor, con máis alegría e autonomía.
E se hai algo que nunca falla... é a chispa da competición. Porque aquí, calquera xogo ou actividade non é o mesmo sen ese pequeno pique entre eles. Encántalles medirse, rir, retarse (sempre con agarimo) e celebrar cada pequena vitoria. O entusiasmo que poñen é puro motor de vida. A estas alturas da vida sabemos o que é a verdadeira competición; que o esforzo, o empeño, a perseverancia que poñemos... son ese estímulo que nos axuda a facer para ser; si, a competir máis que contra os demais, con nós mesmas, con nós mesmos.
Porque a idade non frea as ganas, e aquí cada día é unha oportunidade para rir, compartir e aprender.

Estas actividades forman parte do Programa Aldeas Activas e saudables no medio rural, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF. Xunta de Galicia
Arquivada en:
Infórmate > Noticias