Noticias
© CDR O Viso | 05/11/2023 | Girasol vivienda comunitaria
A disposición interior para axudar a outra persona
Día Internacional das Persoas Coidadoras
05/11/2023
O 5 de novembro tributamos unha merecida homenaxe a quen se dedica ó coidado de persoas maiores ou en situación de dependencia. Celébrase o Día Internacional das Persoas Coidadoras para recoñecer o labor exercido por familiares e profesionais que dan o mellor de si mesmas na atención e coidados a persoas para mellorar a súa calidade de vida.
Porque somos persoas coidadoras se brindamos o apoio requirido para o coidado doutra persoa que se atopa en situación de dependencia, xa sexa de maneira transitoria ou definitiva, para satisfacer as súas necesidades e contribuír á mellora da súa calidade de vida.
En contextos de coidado escóitase máis que se fala; enténdese máis que se xulga; pregúntase máis que se supón; persuádese máis que se impón. Necesítase unha disposición interior para axudar a outra persoa: congruencia; compréndese a asimetría na relación e móstrase unha actitude empática e de escoita activa. É unha función de maternaxe (aceptación incondicional) e sostemento.
É necesario atender ós aspectos biolóxicos: soño, alimentación, excretas (ouriños, deposicións), hixiene, síntomas da enfermidade (alivio do sufrimento) e coidado da súa aparencia externa. Porque un bo control dos aspectos físicos produce un aumento do benestar.
Cobra importancia mostrarse sensibles e sinceras/os, protexer a intimidade da persoa, atender os pequenos detalles e ofrecer explicacións previas a cada procedemento. Apoiar, animar e felicitar.
Para atender ben todas as necesidades psicolóxicas (sensación de vulnerabilidade, aumento da introversión, ansiedade, depresión) é necesario mostrar dispoñibilidade, escoitar e facer preguntas específicas; controlar síntomas molestos; xerar e controlar ambientes confortables e apropiados.
Porque a persoa atendida necesita sentirse ben coidada e atendida (seguridade e confianza), pertenza, comprensión, aceptación, autonomía e poder de decisión na medida do posible. Un bo apoio social e espiritual, un significado á existencia actual. Amor.
Desde o CDR O Viso aproveitamos esta data para agradecer os coidados que nos constrúen como persoas e promover o bo trato, o trato adecuado atendendo a unha serie de valores (dignidade, integridade, presenza, perseveranza, dispoñibilidade, comunicación, flexibilidade, compromiso, proximidade...) e principios (autonomía -liberdade de elección e decisión-, non maleficencia, xustiza -igualdade-, atención integral en todas as áreas básicas e esenciais da persoa. Recoñecer, colaborar, celebrar, xogar, dar, estimular, participar, facilitar…

Arquivada en:
Infórmate > Noticias