Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/10/2023 | Autismo Ourense

Continúan as visitas en Lodoselo

Tecemos redes de apoio

03/10/2023

O pasado mércores, 27 de setembro, recibimos a visita dun grupiño de usuarias e usuarios da asociación Autismo Ourense para desfrutar da nosa horta e xardín sensitivo. Este espazo está deseñado para ser un escenario de interacción apoiado con recursos naturais, co obxectivo de estimular os sentidos, polo que resulta unha actividade moi interesante e atractiva para todos os colectivos e en especial en TEA por ser unha condición de saúde que ten un gran impacto en todos os órganos e sistemas sensoriais.

Ao longo da mañá puidemos observar as características e necesidades das persoas con Trastorno do Espectro Autista e a importancia de fomentar o seu desenvolvemento integral, polo que tamén agradecemos aos profesionais que acompañaron ao grupo por facilitarnos o bo funcionamento da actividade. Para nos tecer redes de apoio na  comunidade é moi importante porque nos axuda a estar cada día máis sensibilizados coa diversidade e a mellorar as nosas estratexias de actuación en todos os ámbitos.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias