Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 06/06/2023 | Cartel Formación en Comunidad para prevención Obesidad Diabetes

Pobos que coidan

Formación en Comunidade para a prevención da Obesidade e a Diabetes

06/06/2023 | A Limia

Coa firma do convenio de colaboración entre a Asociación Diabética Auria e o CDR O Viso iniciamos un itinerario de actividades para a prevención da diabetes, obesidade e patoloxías asociadas nos pobos de Laroá, Freixo, Boado, Lodoselo e Rebordachá.
Dende o Proxecto Biocoidados, estamos realizando un traballo de activación comunitaria e escoita  activa nestes cinco lugares, co obxectivo de escoitar a voz de quen vive no rural, saber como queren coidar e como queren ser coidados/as nas súas casas, nos seus pobos e coa súa xente.
Por este motivo, o equipo profesional da Asociación Diabética Auria vai contribuír aprendéndonos estratexias para adquirir hábitos saudables que nos axuden a coidarnos mellor.
As actividades organizaranse en catro sesións formativas e enmárcanse no proxecto “Veciñanza Saudable” da Asociación Diabética Auria, deseñadas para atender as diferentes dimensións da diabetes e da obesidade, como son: a alimentación, a actividade física, a psicoloxía e a motivación.
Aprenderemos sobre estes temas:
• Sesión 1º: Educación en Saúde
• Sesión 2º: Alimentación saudable para un peso saudable
• Sesión 3º: Activa o teu corpo pola túa saúde
• Sesión 4º: A Psicoloxía do hábito: motivación e constancia para o cambio
Xa temos programadas as dúas primeiras sesións para os días 13 e 27 de xuño no Local Social de Laroá as 17:00 horas, onde serán ben recibidas tódalas persoas que queiran coidarse, que queiran aprender e compartir as súas experiencias en comunidade. Continuaremos informando das seguintes sesións; tamén nas nosas redes sociais.
Estas alianzas que estamos alentando coa comunidade e o tecido asociativo da Comarca, axudarannos a promover novos modelos de coidados prestados pola comunidade, centrados na persoa en contornas rurais.
BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADO PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, NAS CONTORNAS RURAIS está vencellado ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias