Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/02/2025 | Cruz Vermella 1 de febreiro

Recibimos ás persoas participantes no curso de Monitor/a de Tempo Libre da Cruz Vermella de Ourense

04/02/2025

O pasado sábado, 1 de febreiro, tivemos a sorte de recibir a visita da Cruz Vermella, acompañada das persoas participantes no curso de Monitor/a de Tempo Libre que están a desenvolver desde o pasado mes de novembro. Un total de 12 alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de vivir a experiencia auténtica de Lodoselo e do CDR O Viso, mergullándose na esencia máis rural do noso territorio.
Durante a xornada, traballaron arreo, realizando actividades que lles permitiron conectarse coa natureza. Alimentaron os animais, aprenderon o proceso de elaboración do pan tradicional, e descubriron espazos únicos como o Xardín dos Sentidos, un rincón de calma e beleza onde cada detalle invita á contemplación.
O obxectivo principal desta actividade foi sempre transmitir a paixón pola natureza e a súa capacidade de ser o motor principal de actividades educativas e de lecer.
Foi, sen dúbida, un día de desfrute no que se combinaron aprendizaxes valiosas coas risas, as conversas amenas e os momentos de reflexión compartidos. A xornada deixounos a todos un recordo imborrable e a sensación de que a natureza sempre terá un lugar fundamental na formación e no benestar das persoas.
Este tipo de actividades favorecen unha educación máis próxima á realidade que nos rodea. Sen dúbida, foi unha oportunidade única para compartir, aprender e vivir de preto todo o que a nosa contorna natural nos pode ofrecer.
Esta acción forma parte do programa O NOSO ESPAZO, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias