Noticias
© CDR O Viso | 02/02/2025 | Galliña con pollitos
Festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa
02/02/2025
Hoxe é a festa das Candeas. No Portal das Palabras, unha moi boa iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié atopamos candeloria. E lémbranos que é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’; termo co que se crea, no latín tardío, festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Data importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ó redor desta data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban á xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María (40 días despois e cerrando o ciclo do Nadal) e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá.
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Aquí as cegoñas xa levan todo o mes de xaneiro no niño do campo da Lama e no galiñeiro xa naceron unha niñada de poliños; as ocas tamén comezaron a poñer estes días e algúns patos xa levan un tempiño poñendo; non os patos mudos.
Tamén se celebra hoxe o Día Mundial dos humidais e temos a oportunidade de facer unha visita ó Humidal Antonio Villarino, aquí ó ladiño mesmo; na veiga. Coa posibilidade de ler antes ou despois os 4 carteis explicativos que temos no campo da Lama. Onte participamos nunha xornada, por este motivo, en Sandiás sobre a Lagoa de Antela “humidal esquecido”; a necesidade de prestar atención os humidais, tender a novos modelos descarbonizando a economía, os valores ornitolóxicos da Limia...

Arquivada en:
Infórmate > Noticias