Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/01/2025 | Asamblea 2025 EAPN Santiago

Participamos na asemblea xeral ordinaria da EAPN en Santiago de Compostela

Un espazo de reflexión e loita contra a pobreza e a exclusión social

20/01/2025

O pasado xoves, 16 de xaneiro, tivo lugar na cidade de Santiago de Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria da EAPN (Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social), un evento no que o CDR O Viso tivo o pracer de participar. A través desta colaboración, a nosa organización reafirma o seu compromiso firme coa loita contra a pobreza e a exclusión social, traballando de xeito conxunto coa Rede Galega contra a Pobreza para mellorar as condicións de vida das persoas máis vulnerables da nosa sociedade.
A EAPN, como rede de acción social, ten como obxectivo fundamental a erradicación da pobreza e a exclusión social, sempre co foco posto en garantir que as persoas máis desfavorecidas poidan gozar plenamente dos seus dereitos e deberes fundamentais, tal e como recolle a nosa Constitución Española.
Nesta xornada, púxose de manifesto a importancia de seguir loitando polo benestar de todas as persoas, especialmente aquelas que se atopan en situación de maior vulnerabilidade. A Asemblea serviu tamén como un espazo de encontro e reflexión entre profesionais do ámbito social de diferentes puntos de Galicia. Neste contexto, compartíronse experiencias, analizáronse situacións actuais e debatemos sobre os retos que presenta o futuro inmediato, especialmente de cara ao ano 2025.
Unha das actuacións máis destacadas nesta xornada foi a avaliación, por parte do CDR O Viso, da Entidade Axuda na Acción, co obxectivo de lograr a súa incorporación na Rede da EAPN. Esta decisión reflicte o compromiso de seguir ampliando a rede de colaboracións para fortalecer a loita contra a pobreza e a exclusión social desde unha perspectiva máis ampla e inclusiva.
A colaboración entre as distintas entidades e persoas participantes permitiu, ademais, identificar as áreas de mellora e as estratexias máis efectivas para afrontar os desafíos que a loita contra a pobreza presenta nun contexto tan complexo e cambiante como o actual. A xornada foi un momento de reflexión profunda sobre as accións realizadas ata o momento, pero tamén de proxección cara o futuro, co obxectivo de continuar avanzando na eliminación das desigualdades sociais e garantir a plena inclusión das persoas que se atopan no marxe da sociedade.
A través de iniciativas coma esta, a EAPN e as súas entidades membros, como o CDR O Viso, afirman a súa intención de seguir traballando de xeito conxunto para construír unha sociedade máis xusta e solidaria. A participación activa nas diferentes mesas de traballo e a reflexión colectiva permitiron definir as liñas de actuación prioritarias para o vindeiro ano, buscando sempre mellorar a eficacia das políticas sociais e incrementar o impacto das accións que se poidan levar a cabo para loitar contra a pobreza e a exclusión social en Galicia.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias