Noticias
© Mª José | 04/01/2025 | Aguinaldo Cantos de Reis
Cantámoslle os Reis do Quiquiriquí... se non nos dan nada, marchamos d' eiquí
Un ano máis... e que de hoxe nun ano!
05/01/2025 | A Limia
Nestas datas... cantamos os reis. Fomos a Piñeira de Arcos, parroquia do concello de Sandiás, acompañadas de veciñas e veciños que quixeron participar, ademais dalgúns nenos e nenas do CEIP de Sandiás. Paseamos o pobo, petando de porta en porta, co lema: “Cantámoslle os Reis do Quiquiriquí, se non nos dan nada marchamos de eiquí”. Seguimos cantando as nosas pezas de sempre: Nadal de Laroá, aí veñen os Reis, o Patronciño... pezas tradicionais da nosa zona e que estamos conseguindo manter no repertorio actual. E, rematamos a xornada compartindo e repartindo os aguinaldos! Cheos de aguinaldos despedímonos ata a próxima: “Déanolo aguinaldo a xentiña desta casa que para o ano que vén xa lles darémo-las grazas”
E que de hoxe nun ano!
Ademais, ó longo destes días de Nadal, tamén se achegaron a cantarnos os reis á Túa Outra Casa, a vivenda comunitaria do CDR O Viso en Lodoselo. O Andrés, a Mirian e o Iván estiveron animando a tarde/noitiña do ventres coa xente da vivenda que gozou das dotes musicais destes tres grandes artistas. Graciñas
É esta unha tradición habitual do Nadal limiao; a de ir cantar polas casas; grupos de mozas, mozos, nenas e nenos percorrendo a aldea ou parroquia cantando estas pezas da literatura popular e transmitidas oralmente de xeración en xeración. A cambio do seu cantar solicitábase o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc) que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada. No CDR O Viso levamos anos recuperando, mantendo esta fermosa costume comunitaria e o Concello de Sandiás xa nos convida ano tras ano a facelo con eles. Graciñas
Este ano ata a televisión de Galicia nos acompañou un anaco da mañá!

Esta actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con carga á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e pola Deputación provincial de Ourense a través da subvención para proxectos de prestación de servizos sociais.
https://youtu.be/d6hRJA2BUhM Nadal de Laroá

Arquivada en:
Infórmate > Noticias