Noticias
© Dende a Limia | 29/12/2024 | Premios Cultura 2024 Xinzo de Limia 1
Premios da Cultura 2024 concedidos pola Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia
Antonio R. Corbal "CDR O Viso"
30/12/2024
Este pasado venres, 27 de decembro, tivo lugar a segunda edición dos Premios da Cultura 2024 concedidos pola Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia; houbo un total de 25 premiados. Presentada por Sergio Pazos e amenizada polo grupo "Tarde Piaches" o acto fíxose longo ó ser moitos e sobre todo ó non respectar, algunha xente, os tempos fixados.
Algúns membros da corporación municipal foron os encargados de entregar os trofeos ós galardoados entre os que estaba a Lucía (polo seu traballo dinamizador en Laroá) ou o Tonho de Lodoselo (polo CDR O Viso). Pero estivemos moi ben acompañados porque estabamos na nosa casa, coñecémonos todas e todos; xente querida e admirada: o M. Mandianes, o M. Fontemoura, a Noe, O Delfín Caseiro, o Jose M. (Dire Rosalía) , O Pablo Vivanco... Parabéns a todas e a todos.
Queremos deixar constancia, tamén con esta entrada na web, do agradecemento por esta concesión. Recibimos moitos parabéns da veciñanza e mesmo nos repetían que é moi merecido. Tocou lembrar que merecer algo polo esforzo, o sacrificio... case nunca é garantía de que chegue. Neste caso podo dicir que eu síntome un afortunado que atopei, tamén no traballo, unha maneira de estar no mundo e non avergoñarme por dicilo. Pero non traballo para conseguir este tipo de premios; o premio é vivir, o valioso é estar vivo, aprendendo sempre e agradecido.
Dise que a cultura é como o sal na sopa… Tamén é cultivar a sinxeleza, a sensatez, a sabedoría. Non é algo para consumir, senón para asumir. Responsabilizarse, convertela en instrumento de transformación. A transformación do utópico en posible e do posible en real. E sempre aprendendo. Milani dicía que a verdadeira cultura é pertencer á masa (non ser un trepa) e dominar a palabra (a aprendizaxe como actitude).
A intelixencia crea cultura e a cultura crea intelixencia; a función principal destas é dirixir ben a conduta, o comportamento. J. M. Valle Bilbao fala da bondade coma o punto máis elevado da intelixencia. No acto, co M. Mandianes á beira, pregunteille por outra famosa antropóloga que considera o primeiro signo da humanidade, de civilización na cultura antiga, o fémur que alguén rompeu e apareceu curado nun fósil. Evidencia que alguén a/o coidou.

https://youtu.be/6HM-3Pw-zh8 Vídeo (50 segundos) no que Segio Pazos le algo sobre o Tonho e o CDR
https://youtu.be/KWOHOSt5hTA Agradecemento e pequeno discurso (minuto e medio) do Tonho
Arquivada en:
Infórmate > Noticias