Noticias
© CDR O Viso | 27/12/2024 | Alumar 2024 entrega p
Unha edición de ALUMAR que eleva o nivel
26/12/2024 | A Limia
O proxecto ALUMAR do Centro de Desenvolvemento Rural o Viso conclúe a edición de 2024 cuns resultados sobresaíntes.
ALUMAR é a resposta do CDR O Viso para que familias da comarca acompañen, presencial ou simbolicamente, a persoas que están en situación de soidade non desexada na Limia. Logo de que o equipo profesional do CDR escollera as 24 persoas, entre as que se lle leva diariamente o xantar, para que recibiran o calor da comunidade no tempo do inverno e as xeadas, fíxose unha convocatoria aberta para buscar 24 familias que acompañasen á xente que vive soa. A cota alcanzouse en apenas 48 HORAS.
A repercusión nas redes bateu os rexistros da edición anterior. O emocionante vídeo editado co resumo da edición contaba o día despois de Nadal con máis de 9000 visualizacións en Instagram e 17000 en Tiktok.
O CDR contou coa colaboración do Centro de día de Xinzo, pertencente ó Consorcio Galego de Benestar, que quixo sumar o seu gran de cariño cun detalle de nadal para adornar as 24 casas nas que se prendeu a chama do nadal. As persoas maiores usuarias do centro elaboraron con cariño e coas súas mans postais e adornos que acompañaron cada regalo.
A aposta desta edición de 2024 é a de intentar que algunhas destas 24 unións se manteñan ó longo do ano. Para iso, xa se comezou o traballo de acompañamento correspondente en 8 casos, algún deles xa en vías de consolidación.
Esta actuación enmárcase dentro do programa “VOU CONTIGO”, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, dentro da subvención destinada á realización de programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias