Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 24/12/2024 | Carlos pintando palco

Novamente agradecendo o traballo do voluntariado, o traballo en comunidade

24/12/2024 | Lodoselo

A semana pasada, aproveitando as xornadas no que o tempo atmosférico foi propicio para estes traballos o José Manuel, a  Xiana, o Carlos, a María Paz, a María Prol e a Guadalupe participaron no proxecto de acondicionamento e decoración, dándolle unha primeira man de pintura, a un dos Palcos do Campo da Lama ou campo da Festa en Lodoselo.
Previamente, o Óscar, o Gerardo, o Quico, o Alberto e o Tonho estiveron con outros traballos (o teito, a limpeza con auga a presión, a imprimación...). Antes e coa colaboración do Concello de Sarreaus o Obradoiro de emprego xa fixera algunha actuación de limpeza neste palco e sobre todo, tamén de restauración, no outro redondo e de pedra, máis antigo.
Agora nestes días estamos a parchear as gretas coas indicación que nos deu o pintor para a continuación darlle unha segunda man de pintura. Noutro vindeiro paso máis veciñanza do pobo entrará a formar parte na pintura dos debuxos que decorarán o palco, deseñados por Ana de Atrave. O deseño pretende integrar o palco coas cores e os elementos da natureza que os rodean.
Estas accións enmárcanse no proxecto #Biocuidados: Novos modelos de coidados prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (Coceder).

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias