Noticias
© CDR O Viso | 16/12/2024 | Alumar 5
Menos xente soa grazas a Alumar
16/12/2024 | A Limia
O proxecto Alumar do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, que actualmente está na súa segunda edición, conseguiu que 24 persoas que viven sen compañía no rural limiao recibiran un regalo especial.
A edición de 2024 de Alumar trouxo consigo dúas importantes novidades:
Primeira novidade: Creáronse relacións persoais directas entre as familias que fan os regalos e as persoas que os reciben. Tras unha valoración do equipo educativo do CDR, considerouse que doce persoas que viven soas puidesen iniciar contactos estables cos seus doantes. Esta fase de creación de vínculos está xa en marcha.
Segunda novidade: Este ano participaron familias que recentemente chegaron á Limia buscando asentarse no medio rural. O obxectivo foi que estas familias puidesen facer regalos a persoas que viven soas, favorecendo así a integración social na comunidade.
Un exemplo precioso foi o de Analía e Leo, unha familia de orixe arxentina que deixou Bos Aires para mudarse a Xinzo en 2023 co apoio do CDR. Recibiron con moita ilusión a carta de Sole, unha muller octoxenaria que vive sen compañía. Ademais de escoller un regalo personalizado para ela, que incluía debuxos feitos polos seus fillos, tiveron a oportunidade de coñecerse en persoa. Descubriron que teñen moitos lazos que os unen e que, sen dúbida, seguirán uníndoos no futuro.
Aporte do Centro de Día de Xinzo: Ademais dos regalos que se fan entre as persoas participantes, o Centro de Día de Xinzo, pertencente ao Consorcio Galego de Benestar, quixo sumar o seu gran de area a esta onda de apoio comunitario. As persoas maiores que alí participan elaboraron con moito cariño un detalle que acompaña cada carta e cada relación, engadindo unha nota de tenrura e afecto a este proxecto tan especial.
Proxectos como Alumar son posibles grazas ao IRPF Estatal, contribuíndo a frear o despoboamento e a fortalecer as relacións humanas no noso rural.
PROGRAMA ESTATAL DE SENSIBILIZACIÓN E CONCIENCIACIÓN SOBRE A DESPOBOACIÓN E A NECESIDADE DE EMPRENDEMENTO NO MEDIO RURAL", financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 dentro dos programas de interese xeral, con cargo á asignación tributaria do IRPF (convocatoria 2023)
#Alumar #MenosXenteSola #RuralVivo #CDROViso #RegalosConSentimento #ComunidadQueCreaLazos

Ligazóns:
1. https://www.laregion.es/articulo/ourense/regalo-navideno-compania-ourense/202412212144501357492.html
Arquivada en: