Noticias
© CDR O Viso | 12/12/2024 |
Fundación la Caixa, un ano máis, volve colaborar co CDR O Viso
Financiando o proxecto “Tecendo redes, coidando-NÓS”
12/12/2024 | A Limia
O novo proxecto “Tecendo redes, coidando-NÓS” busca ampliar o territorio de acción do CDR O Viso na nosa contorna. Queremos reforzar os servizos de proximidade, establecer vínculos fortes e estables coas persoas e formar parte, xunto coa veciñanza, da dinamización e reactivación comunitaria de cada lugar ao que nos acheguemos. Nesta nova viaxe, a nosa nave será a “Tecedoira”, unha furgoneta adaptada para que se converta nun punto de información, apoio e acción para todas as persoas das aldeas da Limia.´
Con esta nova iniciativa pretendemos completar a nosa carteira de servizos con puntos móbiles de atención ás necesidades manifestas, que se detectarán a través dun exercicio consciente de escoita activa en cada punto, e de dinamización comunitaria que procuren mobilizar os recursos existentes ou incentiven a creación dos mesmos.
As actuacións que se levarán a cabo irán enfocadas a promover e fomentar o mantemento das persoas nos seus fogares e/ou no seu entorno habitual a través de servizos itinerantes de atención básica, terapéutica e preventivos, de carácter individualizado ou de participación social, que promovan a autonomía, os hábitos de vida saudable e que eviten o illamento, a soidade e a institucionalización non desexada.
Para isto, ademais de contar coa Tecedoira, imos sumar ao noso equipo unha traballadora social que tomará o rol de facilitadora comunitaria. A través dela, trataremos de mobilizar recursos propios e alleos que permitan manter o rural vivo; crearemos mapas de recursos adaptados a cada zona de actuación e contaremos co apoio de todo o equipo do CDR O Viso para que as comunidades podan seguir desenvolvéndose con éxito, saúde e calidade de vida.
As propostas iniciais do proxecto recollen actividades de apoio integral:
- Centro de información: asesoramento integral ante calquera tipo de necesidade, punto de detección precoz ante a vulnerabilidade, difusión de recursos e servizos de interese.
- Mapeo de axentes clave, recursos e servizos próximos.
- Programas de apoio psicosocial: acompañamento emocional ás persoas vulnerables e a súa rede de apoio, deseño de actividades significativas e ocupacionais…
- Actividades de envellecemento saudable: ximnasia, obradoiros de memoria, alfabetización dixital.
- Actividades socioculturais: recuperación de sendeiros, saídas a outras aldeas ou puntos de interese, manifestacións artísticas nas contornas: fotografía, reciclaxe, modelado…
- Actividades terapéuticas: avaliación e intervención físico-funcional, cognitiva, asesoramento e préstamo de produtos de apoio…
- Servizo de transporte para participación nas actividades propostas.
- Acompañamentos a citas médicas ou administrativas, seguimento das mesmas.
- Programa de coidados básicos para a saúde: toma de tensión, peso, podoloxía, etc.
Pero aínda con toda a variedade de propostas iniciais, van ser as persoas as que nos propoñan e manifesten que necesitan, que demandan e que valoran como necesario para que a súa vida poda seguir estando no rural, no seu fogar.
Estade atent@s... a Tecedoira xa está a rodar pola Limia “Tecendo redes, coidando-NÓS”.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias