Noticias
© CDR O Viso | 04/12/2024 | Visita DX (s) 3
Acollemos no Centro de Día a visita da D.X. de Persoas con Discapacidade e do D.X. de Inclusión da Consellería de Política Social e Igualdade
04/12/2024 | Lodoselo
A web da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia recolle este 4 de decembro a visita que a Directora Xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e o Director Xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, realizaron a algunhas das instalacións do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso en Lodoselo.
https://politicasocial.xunta.gal/gl/conselleria/novas/nova?id=nova_007916.html
Pasadas as 12 chegaron despois de visitar en Xinzo o Centro Ocupacional de Limisi e pasar polas oficinas do CDR na rúa Ladeira. No Centro de Día estabamos esperándoos algúns membros da Xunta Directiva do CDR e de Biocoidados. O alcalde non puido estar porque estaba nunha reunión en Santiago co Director de Augas de Galicia.
A primeira parte da visita foi polo Xardín Sensorial que está arredor do Centro e formando parte da horta; ademais estreamos plano e carteis neste espazo pensados para xente invidente e quixemos aproveitar esta vista para inauguralos oficialmente. E coas explicacións de Eloi , sobre todo, estimulamos o sentido da vista, olfacto, oído e tacto.
No interior do Centro de día ensinámoslle a cociña e o servizo de xantar na casa ou a domicilio que se reparte por moitos pobos da comarca e o comedor aquí e paseamos as diferentes dependencias observando e dialogando sobre a actividade cotiá que se desenvolve aquí coas auxiliares, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, educadores, traballadoras sociais e persoas beneficiarias... Tamén estivemos na Casa Niño porque nese momento as crianzas estaban alí.
Ó final tres participantes de Biocoidados contáronlle a gratificante experiencia que para elas supuxo participar neste programa estes últimos tres anos. Antes tamén tivemos un tempo para achegarlles as nosas proposta de mellora. A necesidade de estruturar, dalgún xeito, a particularidade que supón traballar no medio rural e responder axeitadamente ás necesidades das persoas que nel habitamos.
Agradecemos a visita, a proximidade, a escoita... Tamén o apoio que estas Direccións Xerais nos teñen prestado para atender as necesidades da xente e mesmo os parabéns recibidos polo traballo realizado; este ano ademais recoñecido cos premios de Agader a nivel autonómico e por Boicoidados a nivel europeo a COCEDER.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias