Noticias
© CDR O Viso | 02/12/2024 | Mulleres ilustradas da Limia. Presentación libro 5
Presentación do libro "Mulleres Ilustradas da Limia"
02/12/2024 | Xinzo de Limia
O venres 29 de novembro á tardiña, tivo lugar a esperada presentación do libro Mulleres Ilustradas da Limia na Casa da Cultura de Xinzo. Un proxecto que nace da colaboración entre o CEIP Rosalía de Castro, a ANPA e o CDR O Viso.
O acto comezou cunha actuación única das Xingras da Arca, que emocionaron ao público interpretando pezas creadas e recollidas de mulleres da Limia. Unha verdadeira mostra de talento e corazón.
A intervención estivo a cargo de José Manuel, director do colexio Rosalía, e contou tamén con Carlos (representante do Concello de Xinzo), Samuel (presidente do Consello da Infancia) e Rochi Novoa (muller ilustrada da Limia e mestra participante no proxecto).
O acto rematou co emotivo momento da entrega dos libros ás mulleres e/ou familias presentes, acompañados polo cántico colectivo, Semente de Revolución que xa é un dos nosos himnos co “Estamos aquí para sementar unha nova vida, vida no rural…”.
E, como non podía ser de outra maneira, rematamos cunha visita á exposición na Casa da Cultura, acompañada de deliciosos petiscos con produtos limiaos.
Este proxecto é un verdadeiro logro para nós: visibilizar e poñer en valor ás mulleres da nosa comarca, e facelas formar parte da nosa historia oficial. Un exemplo de que cando traballamos en comunidade, o resultado sempre é un éxito.
Agradecemos especialmente á maquetadora Ana Parada, polo seu impecable traballo na creación do libro, e á imprenta Carlin, pola súa dedicación na impresión do proxecto. Sen a súa colaboración, este libro non sería realidade.
Esta actuación enmárcase dentro do programa “ELAS”, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, dentro da subvención destinada á realización de programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias