Noticias
© CDR O Viso | 02/06/2026 | Obradoiro coidados Trasmiras
Finalizamos o obradoiro para familias coidadoras non profesionais do rural da comarca da Limia
Desenvolvido polo CDR O Viso en colaboración co Concello de Trasmiras
02/06/2026
Ao longo destas sesións abordáronse cuestións fundamentais para o día a día dos coidados: os recursos e axudas dispoñibles para as familias, o coñecemento das demencias e enfermidades dexenerativas, as mobilizacións das persoas dependentes, a prevención de caídas, os produtos de apoio e a seguridade no fogar.
Esta formación contou coa participación de diferentes profesionais do equipo do CDR O Viso, entre elas a psicóloga Sarai Bohórquez, a terapeuta ocupacional Laura Sáez e a traballadora social Tania Feijoo, que achegaron coñecementos, ferramentas prácticas e acompañamento ás persoas participantes.
Nas últimas sesións traballouse tamén a xestión emocional e o autocoidado, un aspecto esencial para quen dedica gran parte do seu tempo e da súa enerxía ao benestar doutras persoas. Porque detrás de cada coidado hai esforzo, responsabilidade, preocupacións e tamén unha enorme entrega que merece recoñecemento e apoio.
Queremos agradecer a participación, a implicación e a confianza de todas as persoas participantes. Este taller non só permitiu adquirir novos coñecementos e ferramentas prácticas, senón tamén crear espazos para compartir experiencias, resolver dúbidas e fortalecer redes de apoio entre persoas que comparten vivencias semellantes.
Desde o CDR O Viso e o Concello de Trasmiras valoramos moi positivamente esta experiencia, que contribuíu a visibilizar o papel fundamental das persoas coidadoras e a ofrecerlles recursos, acompañamento e un espazo de encontro.
Porque quen coida tamén precisa sentirse acompañada, escoitada e coidada.
Esta actividade forma parte do programa de Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Imáxenes