Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 22/05/2026 | Axudas Deputación accesibilidade vivenda

Axudas para a mellora da accesibilidade e adaptación da vivenda para persoas maiores

Da Deputación de Ourense

21/05/2026

A Deputación de Ourense vén de abrir unha nova convocatoria de axudas destinadas á mellora da accesibilidade e adaptación das vivendas de persoas maiores da provincia.
Estas axudas buscan favorecer a autonomía persoal, a seguridade e a calidade de vida das persoas maiores, financiando actuacións e equipamento técnico que permitan adaptar os fogares ás súas necesidades.
Quen pode solicitalas?
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
• Ter 65 anos ou máis.
• Estar empadroadas nun concello da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes.
• Residir nunha vivenda habitual en propiedade, aluguer ou usufruto.
• Ter uns ingresos anuais iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM.
Contía da axuda
A axuda poderá cubrir ata o 100 % do gasto subvencionable, cun importe máximo de 2.500 € por persoa solicitante.
Que gastos se poden subvencionar?
Entre as actuacións e equipamentos incluídos nesta convocatoria atópanse:
• Cambio de bañeira por prato de ducha.
• Eliminación de barreiras arquitectónicas.
• Adaptación de portas e baños.
• Melloras en electricidade, calefacción ou saneamento.
• Eliminación de humidades e mellora de pavimentos.
Tamén se inclúe a compra de equipamento técnico e axudas técnicas, como:
• Camas articuladas.
• Cadeiras ou asentos de ducha.
• Guindastres de mobilización.
• Butacas articuladas.
• Outros elementos de apoio técnico.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 18 de maio ao 18 de xuño.
Onde presentar a solicitude?
As solicitudes deberán presentarse na Deputación de Ourense.
Se precisas máis información ou apoio para realizar a tramitación, podes contactar co C.D.R. O Viso. Acompañámoste no proceso, 988 46 15 71.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias