Infórmate > Noticias 

Noticias 

Fortalecemos o noso compromiso coa diversidade
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

18/09/2023 | Lodoselo

Facémonos responsables das nosas circunstancias

1 de 9

A semana pasada recibimos en Lodoselo a visita dun grupiño de xente da Asociación Aixiña para disfrutar dunha mañá de actividades como un paseo polo xardín sensitivo, a interacción cos nosos animais ou mesmo momentos de socialización cos nosos maiores e cos nenos da Casa Niño. Durante a xornada, puxemos a proba as adaptacións inclusivas coas que xa contamos e decatámonos de que sempre hai algunha cousiña por mellorar. En xeral, as persoas con diversidade funcional continúan a ter moitas barreiras para gozar dun ocio de calidade e para nós isto tamén é un tema importante. Grazas a esta visita teremos en conta algunhas modificacións co fin de fortalecer o noso compromiso coa diversidade.

Nesta ocasión, a visita foi, se cabe, ainda máis enriquecedora grazas ao apoio das nosas voluntarias de Biocoidados, que ademais de estar atentas e axudar en todo momento tamén puideron disfrutar dunha xornada diferente e enriquecerse da interacción da gran comunidade que estamos formando! Tamén supuxo o encontro con persoas que xa coñeciamos, que queremos e que nos enriqueceron; compartir momentos, lembrar outros... posibilitan mantermos a coherencia, a autenticidade, o empeño; sin victimizarnos, nin culpando a outros do que nos sucede.

# Capacidade Inclusiva, Rural e Activa. Programas dirixidos a mellorar a calidade de vida, autonomía persoal e a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade

#Estas accións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE ATENCIÓN PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, EN CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación Trasformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies