Noticias
© CDR O Viso | 30/06/2026 | Nabizas 29 de xuño 1
Moito máis que coller nabizas
É querer, é crer
30/06/2026
Este luns 29 de xuño, unha das actividades extra, no CDR O Viso foi unha quedada para apañar nabizas que despois escaldamos e conxelamos para procurarmos alimentos que son máis que produtos de consumo; que se producen grazas ó coidado do chan, as sementes, o sol, a auga, o traballo do labrego (grazas Tere, Pepe).
A Tere (Solveira) e o Pepe teñen en Lodoselo, no Carballo, o espazo Agrícola Mellado Casal. Estes veciños produtores agrícolas e comercializadores recoñecidos sobre todo polo cultivo e distribución de pataca tamén botan cereal, colza, nabizas... e cada pouco tempo avísannos para dicirnos que vaiamos collelas. Graciñas
Sermos rurais é tamén non perder esta conexión coa terra; co chan fértil e coas plantas saudables. E procurarmos alimentos que sexan a fonte principal de saúde e benestar. Apostar non por maximizar a produción senón por organizala e distribuíla tendo presentes os dereitos/deberes e o benestar colectivo dentro dos límites planetarios. Estes pequenos xestos do día a día (grazas Alberto que na semana de vacacións acude á quedada), atender as necesidades locais, as prioridades sociais e ecolóxicas... son mostra de que tamén estamos a desenvolver unha economía social e solidaria.
A última quedada fora o 6 de abril e onte tocou de novo. Feliz coincidencia no día que El País visibilizou “Daquídarredor”, a asociación agroalimentaria galega que quere demostrar que unha alimentación hiperlocal é posible. Xente que coñecemos e que leva uns anos con este proxecto que fai realidade un sistema alimentario territorializado a través da venta en común co obxectivo de que o valor xerado permaneza na comarca.

http://https://opais.com/gastronomia/2026-06-29/daquidarredor-la-asociacion-agroalimentaria-gallega-que-quiere-demostrar-que-una-alimentacion-hiperlocal-es-posible.html
Agradecemos e queremos darlle difusión, unha vez máis, a este tipo de novas porque o contrario, do que tamén somos sabedores e aparece todos días nos medios, “parasitos da sociedade”, xente que rouba, engana, se aproveita… si que hai tamén moita xente de boa vontade, xente xenerosa, comprometida cos demais.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias