C.4- Programas contra o Despobamento
![C.4- Programas contra o Despobamento](files/mscoviso/2025-1/8-11-18-46.admin.27-11-23-13.admin.Pobos_con_xente__pobos_con_vida1.png)
Vida no rural, futuro da nosa raíz
Desde - Hasta: 02/01/2018 - Actualmente
Esta liña de acción emerxe no 2018 ante a necesidade de implicarse activamente no reto demográfico e o despoboamento que ameaza ó medio rural. Combinando diferentes proxectos e fontes de financiamento, o CDR ofrece un servizo dirixido a asentar a poboación da Limia e incrementala coa chegada de novas familias que desexan migrar desde ámbitos urbanos cara o rural.
As dúas principais vertentes de traballo son:
- Ofrecer un servizo de información e asesoramento para que a poboación local poida dispoñibilizar os seus recursos (vivendas, negocios, terras ou empregos) dende a seguridade e a confianza, dispoñendo da información precisa no relativo a alugueres, venda, rehabilitacións, cesións, etc.
- Acompañar a familias que vivan en medios urbanos na creación de plans sólidos e de garantías na comarca da Limia partindo dun profundo coñecemento da zona e das súas dinámicas sociais e económicas para que a escolla da nosa comarca se basee no coñecemento real e encaixe nos proxectos das familias.
O traballo deste proxecto artéllase a través da web volveralpueblo.org, que actúa como banco de recursos.
En 2024 iníciase unha colaboración co Concello de Sandiás (https://www.sandias.es/reviveorural/) para combater o despoboamento específico dese municipio.