Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 11/07/2023 | Consumo energía 10 de julio

O CDR na procura da eficiencia enerxética e da mellora no acceso ás enerxías renovables e non contaminantes

11/07/2023 | Lodoselo

No CDR O VISO perseguimos reducir ao máximo o impacto ambiental derivado das nosas actuacións; como equipamento de educación ambiental tentamos que a pegada de carbono da nosa organización produza a menor cantidade posible de GEI, por efecto directo ou indirecto das nosas actividades. Tamén porque unha parte importante das prestacións precisa dun consumo elevado de enerxía polo que o destino dunha parte dos recursos económicos é para pagar as tarifas enerxéticas.
Reducir esta dependencia das fontes de enerxía non renovables levounos a solicitar á Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia (IRPF Investimento 2022) unha axuda para a instalación de paneis fotovoltaicos no centro Lodoselo e a colocación de persianas de illamento en fiestras e portas. Tamén para a adquisición dun forno novo de maior capacidade debido ó continuo aumento das persoas beneficiarias do servizo de xantar a domicilio
Este empeño pola eficiencia enerxética e unha mellora no acceso ás enerxías renovables e non contaminantes non é novo no noso andar. Xa no seu momento se puxeran paneis solares térmicos (auga quente, calefacción chan radiante) e hai uns anos aerotermia. Todo isto axúdanos tamén nas actividades de educación ambiental, con exemplos prácticos observables de forma directa.
Trátase duns investimentos que asumimos con fondos propios e cofinanciado pola consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto dobre a renda das persoas físicas (IRPF Investimento 2022): 8.894,40€ (Fotovoltaica), 3.475,79€ (Persianas) e 11.910,94€ (Forno). Total: 24.281,13€. O custe total ascendeu a 43.433,19€.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias