Noticias
© CDR O Viso | 21/06/2023 | Bolivia y A Limia están más cerca
Bolivia e A Limia están máis preto
Tivemos o esperado encontro virtual en Lodoselo (Sarreaus)
21/06/2023
Xa podemos dicir que Bolivia e A Limia están máis preto que de costume.
Este mércores pola tarde tivemos o esperado encontro virtual en Lodoselo (Sarreaus), na antiga casa reitoral, centro social de usos múltiples - albergue do Pobo escola, entre a rapazada de Bolivia, que están a levar unha proposta educativa contra a violencia na súa cidade (La Paz) e os da Limia.
A área educativa do CDR O Viso leva desde comezos deste 2023 colaborando con Educo, unha ONG que traballa polos dereitos da infancia cunha visión de cooperación internacional. Unha ONG convencida de que a educación cura e protexe.
Ofrecéronnos colaborar nun proxecto apaixonante no que un grupiño de mozas e mozos limiaos estableceron lazos con mocidade de Bolivia ó tempo que adestraron o bo trato nas relación interpersoais. O obxectivo é que a xeración do futuro identifique e persiga xeitos de relacionarse baseados no respecto, no entendemento e no amor como camiños para un ben común: a comunidade. Este proxecto empapouse na Axenda 2030 e nos seus Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible.
Con este intercambio tan enriquecedor de testemuñas, poñemos fin ao taller de "Mocidade non violenta" do CDR O VISO en colaboración con EDUCO.
Moitas grazas. Foi todo un pracer!
Arquivada en:
Infórmate > Noticias