Accesibilidad

Noticias 

© COCEDER | 09/05/2023 |

Participamos no programa de Modernización e transformación dixital de COCEDER

Comprometidos coa mellora permanente da nosa acción

09/05/2023

Ofrecer un acceso inclusivo e de calidade aos recursos e servizos que melloren a calidade de vida aos habitantes do medio rural mediante o emprego das novas tecnoloxías é o principal obxectivo do Programa de Modernización e Transformación Dixital que actualmente impulsamos a Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER) e os centros de desenvolvemento rural asociados.
Este proxecto implementarase en oito comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, Galicia e a Comunidade Valenciana) e implica un forte investimento tecnolóxico que se desenvolverá a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU.
Para o desenvolvemento das diferentes accións cóntase con 2 millóns 499 mil euros, que se executasen tanto na sede estatal de COCEDER como nos seguintes Centros de Desenvolvemento Rural: O Viso e Portas Abertas (Ourense), Fundación Edes e El Prial (Asturias), Asociación Pasiega (Cantabria), AFA Bierzo e El Villar (León), Almanzor (Ávila), Carrión de los Condes e Carrión-Ucieza (Palencia), Valdecea e El Sequillo (Valladolid), Cerujovi (Badajoz-Cáceres ), Montaña e Desenvolvemento (Málaga), Sastipem Thaj Mestapen (Sevilla), Alt Maestrat  e Palancia- Mijares (Castelló), La Safor (Valencia), Asociación Cultural Grío (Zaragoza) e Asociación Guayente (Huesca).
O programa busca un cambio no modelo de relación e atención integral ás persoas, especialmente ás máis vulnerables, para crear contornas equitativas, accesibles, con maiores apoios e máis resilientes que permitan desenvolver no medio rural un proxecto de vida pleno.
Para logralo utilizaranse dispositivos de teleasistencia móbil accesible, domótica, plataformas de servizos, aplicacións de soporte diverso e outras ferramentas que conxuguen as necesidades e intereses dos beneficiarios de diversos servizos, coa dispoñibilidade de recursos e persoas colaboradoras na comunidade.
As accións do Programa de Modernización e Transformación Dixital tamén demandan unha profunda transformación de COCEDER e os seus centros. Implementarase un sistema integrado de información baseado na conexión de ferramentas e procesos (ERP/CRM, análise de datos, márketing dixital, firmas biométricas, conectividade, automatización de procesos, presenza na web e redes sociais etc.) para simplificar e facilitar a xestión administrativa e desenvolver novas canles de acceso, prestación de servizos, comunicación e participación das persoas.
Tamén se realizarán accións formativas en materia de competencias dixitais dirixidos ás persoas beneficiarias, voluntarias, socias e traballadoras de COCEDER e os seus centros de desenvolvemento rural.
O programa está aliñado co Segundo Plan de Transformación Dixital de COCEDER, que se centra na mellora da atención ás persoas vulnerables e aos coidados que necesitan coa implementación de ferramentas innovadoras para o desenvolvemento do medio rural e o beneficio dos seus habitantes. Desenvólvese a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias