27/04/2023 | A Limia
1 de 3
© CDR O Viso
A piques de rematar o mes de abril, con el poñemos fin ós cursos de competencias dixitais contra a exclusión que tiñamos postos en marcha en Xinzo de Limia dende o mes de xaneiro e en Lodoselo dende o mes de outubro de 2022.
Grazas a estas formacións 30 persoas puideron conseguir coñecementos teóricos e habilidades metodolóxicas para promover a inclusión dixital, o apoderamento e a autonomía a través das TIC. Tamén conseguimos mellorar a calidade de vida das persoas participantes e permitirlles satisfacer necesidades individuais, comunitarias, sociais. Consideramos fundamental seguir contando con estas actuacións, xa que cremos que é imprescindible que teñan continuidade no tempo para ser unha formación 100% efectiva.
Esta é unha actuación enmarcada na subvención de Inclusión da política Social da Xunta de Galicia: “promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”, financiada parcialmente con fondos REACT-UE pola Unión Europea como parte da resposta á pandemia da COVID-19
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al mecenazgo de la Fundacion Barrie y la RSC de Edisa:
MAPA WEB
ACCESIBILIDAD WEB
AVISO LEGAL
POLITICA DE COOKIES
LICENCIA