Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 06/03/2023 | Grupo Rebordechá

Facendo comunidade

Somos os vínculos que tecemos

06/03/2023 | Rebordechá

O equipo de Biocoidados do CDR O Viso suma unha nova actuación no marco da dinamización rural. Se xa contabamos con varios grupos como o de Freixo, Lodoselo, Boado ou Laroá agora súmase Rebordechá con 12 mulleres con moitas ganas de transformar o seu tempo libre en ocio saudable e de calidade.

A primeira toma de contacto con este grupo de veciñas tivo lugar fai un par de semanas e serviu para coñecer os gustos e inquietudes das participantes. Como resultado desta primeira reunión saíu a posibilidade de crear un espazo onde realizar actividades que fomenten o crecemento persoal e ao mesmo tempo aflorar o sentimento de pertenza a un grupo ou comunidade.

Dende agora verémonos todos os Luns as 16:00h no local social de Rebordechá e agardamos que este sexa o comezo dun vínculo moi especial.

#Biocoidados:  Novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en entornos rurais. Vinculado ó plan de recuperación, transformación e resiliencia, da secretaría de estado de dereitos sociais, e financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias