Accesibilidad
Infórmate > Noticias 

Noticias 

Recuperación de aprendizaxes e saberes
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

09/02/2023 | A Limia

A lectura como autocoidado

1 de 4

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso segue a traballar acompañando, coidando, favorecendo a interrelación e o arraigo na contorna. Un exemplo é o proposta que se ven tecendo dende o outono e que continuará nos vindeiros meses coa dinamización comunitaria en Boado que se estende tamén a Porto Alto e Pidre, os núcleos lindeiros.
O grupo de participantes supera xa as quince persoas e reúnense semanalmente para facer unha lectura colectiva do libro de Xosé Neira Vilas “Memorias dun neno labrego” e revisar as memorias e contos da zona coas temáticas que correspondan ó do capítulo lido.
Ademais da recompilación de retallos da historia das aldeas limiás, estase facendo ao tempo unha árbore xenealóxica que pretende conectar a tódalas familias de Boado, Porto Alto e Pidre. Actualmente xa figuran nela 300 persoas.
A Consellería de Política Social, a través da súa convocatoria de Inclusión, permitiulle ao CDR O Viso executar esta nova fase do Proxecto RAS de Recuperación de Aprendizaxes e Saberes.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Outras formas de asociarte
  • Chamando ao 988 46 15 71
.

Hosting por

Radio Lodoselo

banner