Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 08/02/2023 | volveralpueblo.org

Degrañando testemuñas contra o despoboamento

Con Coceder e a través da plataforma volveralpueblo.org

08/02/2023 | A Limia

Hoxe acompañounos un equipo de COCEDER (Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural) para gravar testemuñas directas do proxecto volveralpueblo.org (a plataforma creada no 2018 para fomentar o asentamento e a fixación de poboación no medio rural a través dun banco de vivendas, terras, ofertas de traballo e negocios).
O Obxectivo: coñecer e difundir o noso método de acción contra o despoboamento que pasa por apoiar á comunidade que xa está aquí a través dos moitos programas que o CDR O Viso ten en execución, por axudarlle á xente que quere darlle unha nova vida ás súas casas e negocios e por construír plans familiares de garantías para familias que queren vir vivir á Limia.
Joaquina, una avoa orgullosa de Sarreaus, contou como ela só ve futuro nos pobos se hai xente neles. Ten unha casa alugada a unha familia que lle deu un aire novo a Lodoselo fai medio ano e está moi orgullosa de ter axudado niso.
Cecilia é a cabeza dunha familia peruana que se afincou no verán na nosa comarca, onde non tiñan previamente lazos familiares e onde están construíndo un proxecto de vida para tódalas pezas da súa familia. Di que malia as xeadas, sente calor na Limia.
O produto audiovisual que se creará servirá para mostrar o traballo que se vén facendo con recursos do Ministerio de Dereitos Sociais e a Axenda 2030 que proceden tanto do recadado co IRPF coma do Fondo Social Europeo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias