Noticias
© Xunta de Galicia | 27/01/2023 |
Reunión co DX de Maiores e Atención Socionanitaria, Antón Acevedo
Dos CDR Portas Abertas e O Viso polo proxecto Biocoidados
25/01/2023 | Santiago de Compostela
No marco do Proxecto Biocoidados este pasado martes, 24 de xaneiro, tivemos un encontro representantes dos CDR Portas Abertas (Tamara e Lucía) e O Viso (Carmen, Guadalupe e Toño) en San Caetano con Antón Acevedo, Director Xeral do Maior e Atencion Sociosanitaria.
O obxectivo desta reunión non era outro que manter á Dirección Xeral de Maiores ao tanto dos avances no noso proxecto e atopar aqueles puntos nos que poida haber unha posible colaboración.
Tivemos a oportunidade de contarlle o proceso do programa Biocuidados que en Galicia estamos a levar a cabo os CDR Portas Abertas e O Viso, membros de COCEDER que é a Confederación que a través dos CDR que a conforman tamén o están executando noutras comunidades autónomas. Démoslle documentación e convidámolo a vir aos nosos territorios para coñecer mellor o labor que se está realizando; tamén co propósito de implicar máis á administración autonómica e posibilitar a súa participación que iniciou xa no momento da presentación do proxecto a Europa no que a Consellería de Política Social asinou un acordo de colaboración.
#Biocoidados é un proxecto vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU
Arquivada en:
Infórmate > Noticias