Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 12/01/2023 | Encuentro online Ceesg

Encontro online co CEESG dos CDR Portas Abertas e O Viso

12/01/2023

Esta semana retomamos o contacto co CEESG (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia) para termos unha xuntanza e facelos partícipes da marcha de BIOCOIDADOS. O CEESG asinara, a petición nosa, un acordo de colaboración no que puntualizou a súa participación nas accións de Creación da comisión de seguimento e Avaliación das Boas Prácticas.
Foi así que fixamos este encontro online no que participamos Sonia Gonzalez e Laura Vilaboy (presidenta e coordinadora do Geix_Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica do Ceesg), Lucía Chaves e Guadalupe Bardón (Representantes dos Territorios CDR Portas Abertas e O Viso) e Antonio R. Corbal (Membro da Xunta Directiva do CDR O Viso)
Despois de contextualizar o encontro fíxose unha breve presentación da evolución do desenvolvemento do Proxecto Biocoidados nas Comarcas obxectivos de actuación e avanzamos dándolle forma a un acordo de colaboración para a difusión do Proxecto Biocoidados ó persoal técnico colexiado. A modo de pílulas en redes sociais. E incentivar a alumnado que pida orientación a posibilidade de facer algún TFG ou traballos deste tipo arredor deste programa.
Tamén concertamos o establecer criterios para a elaboración e posterior difusión dunha posible Guía que recolla e reflicta as boas prácticas de traballo comunitario para previr a institucionalización no medio rural. Que poña de manifesto o entorno comunitario e a atención centrada na persoa como eixos clave.  Así, nun primeiro momento, Lucia e Guadalupe prepararán e presentarán unha infografía de difusión (acorde ao procedemento de comunicación establecido por  COCEDER), incorporando a continuación as valoracións do CEESG.Esta acción enmárcanse no proxecto #BIOCOIDADOS: Novos modelos de atención prestados pola comunidade, centrados na persoa en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)

Arquivada en:
Infórmate > Enlaces WEB