Noticias
© CDR O Viso | 20/12/2022 | En el bar
Oportunidade grande de traballar en comunidade e para a comunidade
#BIOCOIDADOS, un reto ilusionante e esperanzador
20/12/2022 | A Limia
Con máis de trinta anos de traballo na comunidade rural da Comarca da Limia, no ano 2022 iniciamos o Proxecto: “BIOCOIDADOS: novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en entornos rurais” vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU.
Este proxecto iniciouse como un reto ilusionante e esperanzador, onde pretendemos evidenciar o papel clave dos recursos comunitarios no medio rural para articular modelos de apoio integrais centrados nas persoas, onde demos a coñecer un modelo de coidado da vida e das persoas no medio rural, que sexa sostible, que atenda a súa realidade, que promova cambios nos Servizos Sociais e axude a previr a institucionalización.
Máis de trinta anos de traballo na Comarca, aválannos para dar credibilidade aos resultados da análise de necesidades, á elaboración de proxectos de vida das persoas participantes no proxecto e á dinamización da comunidade rural, para integrar tódolos recursos comunitarios e chegar a todas as persoas.
Xerar cambios positivos na nosa Comarca, require implicación, coñecemento da contorna e unha firme crenza do papel activo que teñen as persoas como integrantes da comunidade para materializar o cambio.
Dende o CDR O Viso, traballaremos coas persoas, cos Servizos Sociais, cos axentes sociais, co tecido empresarial da Comarca e con toda persoa que crea na capacidade do traballo comunitario, como motor que pode promover un cambio dirixido á creación de novos modelos de atención ás persoas en situación de vulnerabilidade e que axuden a previr a súa institucionalización.
Un modelo de Atención Integral Centrada na Persoa no medio rural, pode ser unha realidade e, dende a nosa entidade, seguiremos dando a coñecer o #Proxecto Biocoidados e facendo propostas de cambio interesantes e necesarias.
Atendendo á nosa situación demográfica, o 63% das persoas participantes no proxecto teñen máis de 80 anos, polo tanto o noso traballo require dun coñecemento pormenorizado dos recursos públicos e sociais da nosa Comarca, para poder realizar propostas de intervención comunitaria pertinentes e:
- Que axuden a previr a institucionalización
- Que promovan novas formas de coidado, baseado nos intereses da persoa e na comunidade.
- Que poña o enfoque no desenvolvemento persoal, realizando accións que permitan o cumprimento do Plan de Vida de cada persoa que participa.
Esta gran oportunidade de traballar en comunidade e para a comunidade, implica un estreito traballo colaborativo cos Concellos de la Comarca, entidades sociais, como Limisi, Cruz Vermella, Cáritas Diocesana, Cogami… coas Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, co Servizo Galego de Saúde, co tecido asociativo e empresarial da Comarca. Dende o CDR O Viso traballaremos para que a colaboración, con tódolos axentes implicados, sexa estreita e medrar xuntos en comunidade.
Máis información #Biocuidados, no teléfono 988 46 15 71 ou a través del correo cdroviso_biocuidados1@coceder.org
Arquivada en:
Infórmate > Noticias