Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso. Rosa encontró trabajo en la cafetería Zeus | 18/12/2022 |

Contribuíndo á plena Inclusión na comarca da Limia

Proxecto de Itinerarios Integrados para loitar contra o despoboamento rural

18/12/2022

Desde o ano 2020 estamos a traballar para promover a inclusión socio-laboral na Comarca A Limia, co Proxecto de Itinerarios Integrados, para loitar contra o despoboamento rural. Rematando o ano 2022, 152 persoas foron atendidas, das cales 112 estaban en situación de desemprego, 109 fixeron unha formación especializada dende o CDR O Viso e 53 persoas atoparon emprego (47% de insercións laborais).
Pero... mais alá dos números, porcentaxes e logros..... estamos a falar dun proxecto que está impregnado da filosofía de traballo da nosa entidade: traballar como un equipo interdisciplinar, comprensivo, que dende unha perspectiva integradora, pomos o acento na capacidade, na motivación da persoa, que loitamos pola igualdade e inclusión na nosa Comarca.
No C.D.R O Viso realizamos unha atención gratuíta a tódalas persoas que, estando desempregadas ou que sendo traballadoras, queren mellorar a súa situación. Cunha primeira cita de orientación laboral, iniciamos unha entrevista persoal para realizar unha valoración técnica da situación; na Acción de Orientación elaboramos un plan de traballo onde establecemos os pasos que debemos seguir para mellorar a empregabilidade da persoa participante. Con este plan de traballo comeza un percorrido de atencións, individuais ou grupais, centradas en atopar os obxectivos planeados a través de accións de Acompañamento e seguimento á inserción laboral ou accións de Formación en diferentes áreas de interese para o emprego.
Dende o 2020 ata o 2022, estamos a apostar pola Tele formación como unha ferramenta para afrontar a dispersión xeográfica, a situación de pandemia que estivemos vivindo e para continuar coa nosa loita por facilitar o acceso á formación a tódalas persoas que residen na Comarca da Limia. Neste período, 109 persoas, que viven no medio rural, puideron realizar Formación Específica para mellorar as súas competencias profesionais en ocupacións de especial interese para o emprego.
A oferta formativa proposta é completamente personalizada, xestionando accións formativas por persoa, podendo facer o curso máis acorde aos seus intereses profesionais e no tempo no que quere facelo cada persoa. Dende o CDR O VISO, poñemos ao alcance de toda a poboación a posibilidade de capacitarse para realizar a tele formación e para ter acceso gratuíto á internet.
Algúns dos cursos impartidos e que teremos en activo durante o ano 2023, son:
• Acompañante de Transporte Escolar
• Estimulación Temperá
• Administración de Alimentos e Tratamentos a persoas dependentes no Domicilio
• Primeiros Auxilios para Persoas con Discapacidade
• Atención ao Cliente e Calidade do Servizo
• Xestión Básica de Almacén
• Formación Básica en Limpezas Xerais
• Factura Dixital
• Contabilidade
• Community Manager
• Autoedición: Deseño Gráfico
• Deseño e avaliación de Proxectos Sociais
• Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes
• Sensibilización Medioambiental
Non só proporcionamos a posibilidade de realizar formación gratuíta, tamén realizamos unha atención individualizada no asesoramento ás persoas para realizar unha adecuada Busca Activa de Emprego, para a elaboración do Currículo, para apoiar nas xestións telemáticas coa administración, para traballar competencias persoais necesarias para manter a motivación no proceso de atopar traballo.
Durante o ano 2023 continuaremos executando o Proxecto de Itinerarios Integrados para loitar contra o despoboamento rural  na nosa Comarca, estas actuacións enmárcanse no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012) do Ministerio de Traballo e Economía Social, dentro do seu eixo para promover a inclusión social e  loitar contra a pobreza e cofinanciados polo Fondo Social Europeo (O FSE inviste no teu futuro) e o Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural da Xunta de Galicia (regulado pola ORDE do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias