29/11/2022 | Xinzo de Limia
Se conseguimos unha vila e unhas aldeas pensadas para a infancia, viviremos mellor
1 de 8
© CDR O Viso
O pasado 20 de novembro foi o Día da Infancia e a Adolescencia, no que se conmemora a Declaración Universal dos Dereitos da Infancia do ano 1989. Con motivo deste acontecemento desde o CDR O VISO quixemos traballar coa rapazada de idades diversas para afondar nos catro principios fundamentais: a non discriminación; o interese superior dos nenos e das nenas; o dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento; e á promoción da participación infantil. A través da POIG (Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia) e baixo o lema “Participamos, é o noso dereito” leváronse a cabo varias actividades co obxectivo de darlles voz e promover o seu dereito de participaren da vida social e política do concello.
O pasado luns 21 de novembro achegáronse ó CIX un grupo de persoas de Formación Profesional Básica do IES Lagoa de Antela para aprenderen a defender os seus dereitos usando internet, así como participar na Caixa do correo Cidadán da web do Concello de Xinzo de Limia.
Nesta mesma semana, e en colaboración co CEIP e a ANPA Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, traballouse cos cursos de 3º e 4º de Primaria co obxectivo de interiorizar os dereitos infantís propios e o respecto polos das demais persoas. A través de dinámicas participativas entre alumnado e profesorado conseguiuse poñerlle nome ós dereitos e deberes das persoas, valorar o poder da palabra e respectar a intimidade. Por último, e para facer real a participación e darlle voz ás necesidades da infancia, as rapazas e rapaces escribiron cadansúa proposta e entregáronas todas no rexistro do Concello de Xinzo de Limia, para que as súas peticións sexan tidas en conta polo goberno municipal. Nun exercicio de responsabilidade colectiva fixeron uso da palabra e solicitaron, entre outras:
-
O coidado, limpeza e melloras do Río Limia
-
A creación de zonas de xogo novas para estas idades en varios lugares
-
Espazos para a práctica do deporte na propia vila, non ás aforas
-
Reducir a presenza dos coches na vila e máis espazos naturais
-
Parques específicos para animais e control dos excrementos nas rúas
-
Compromiso coa non violencia e non ás guerras
Tanto desde o CEIP Rosalía de Castro, a ANPA e o CDR O VISO reivindicamos o noso compromiso cos Dereitos da Infancia; ademais de estarmos traballando nun plan a longo prazo dentro do propio centro e dirixido a toda a comunidade educativa, queremos que outras institucións, entidades, asociacións e a comunidade limiá se unan a este compromiso. Se conseguimos unha vila e unhas aldeas pensadas para a infancia, viviremos mellor.
Esta actividade enmárcase dentro das propostas da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e finánciao a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda de persoas físicas.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
- Aquí, tan lonxe
- 26/09/2023
- O cine como ferramenta de aprendizaxe
- 25/09/2023 | A Limia
- #Somos47millóns de pensionistas presentes e futuros para #BlindarLasPensiones na Constitución
- 25/09/2023
- A importancia do autocoidado en canto á saúde mental
- 22/09/2023 | Laroá
- Unha condición de saúde que nos incumbe a todxs como comunidade
- 21/09/2023 | Lodoselo
- Participaremos nas XII Xornadas Estatais de Servizos Sociais en Contextos Urbanos e Rurais
- 20/09/2023 | Burgos
- Fortalecemos o noso compromiso coa diversidade
- 18/09/2023 | Lodoselo
- Último evento da MAP galega dentro do proxecto SHERPA
- 17/09/2023 | Chantada
- Sororidade e Terra foi o noso lema como romeiras/os
- 11/09/2023 | Carballeira de Santa Minia (Brión)
- Vémonos nas III Olimpíadas Rurais Interpobos da Limia!
- 08/09/2023
- O que mellor facemos é confiar na Infancia
- 01/09/2023
- Seguimos introducindo melloras tecnolóxicas nos ámbitos do noso traballo e servizos
- 31/08/2023 | A Limia
- Non só no verán. Tamén en agosto
- 22/08/2023 | A Limia
- A Deputación subvenciona, un ano máis, o noso proxecto integral de intervención actualizado
- 18/08/2023
- Nova edición das Olimpíadas Rurais Interpobos da Limia
- 16/08/2023
- Mateos, novo voluntario
- 16/08/2023 | A Limia
- A Voz faise eco do noso programa contra o despoboamento
- 07/08/2023
- Desfrutando das festas e das feiras
- 31/07/2023 | A Limia
- O entusiasmo de seguir facendo mellor o que facemos ben
- 26/07/2023 | A Limia
- O logro dun fito
- 23/07/2023 | A Limia
- Unha proposta turística alternativa a través de experiencias de economía social e solidaria
- 20/07/2023
- O coidado da casa común
- 13/07/2023 | Lodoselo
- O CDR na procura da eficiencia enerxética e da mellora no acceso ás enerxías renovables e non contaminantes
- 11/07/2023 | Lodoselo
- Pequenos xestos que dan lugar a grandes cambios
- 04/07/2023 | A Limia
- Estamos a participar nun proxecto de transformación dixital
- 23/06/2023 | A Limia
- Bolivia e A Limia están máis preto
- 21/06/2023
- Celebramos o VI encontro educativo de familias
- 21/06/2023 | Lodoselo
- Tecendo alianzas de apoio en comunidade
- 18/06/2023 | A Limia
- Coidarnos para coidar
- 09/06/2023 | A Limia
- Políticos por un día e sempre
- 08/06/2023
- Pobos que coidan
- 06/06/2023 | A Limia
- O futuro pasa por revitalizar as áreas rurais
- 05/06/2023 | Bruxelas
- Importante colaboración económica do Concello de Xinzo, un ano máis
- 02/06/2023 | A Limia
- Andaina en familia (Ruta dos muíños)
- 30/05/2023 | Faramontaos
- Acollida, aceptación incondicional, valoración e consideración positiva, empatía...
- 20/05/2023 | A Limia
- O CDR O Viso formará parte da representación da MAP galega que participará en Bruxelas na #SHERPAconference
- 19/05/2023
- Participamos no programa de Modernización e transformación dixital de COCEDER
- 09/05/2023
- Itinerarios de inclusión social e laboral
- 28/04/2023
- Rematan os cursos de competencias dixitais contra a exclusión
- 27/04/2023 | A Limia
- Casa niño
- 27/04/2023 | Lodoselo
- O Pobo Escola vive
- 25/04/2023 | Lodoselo
- Vivir no rural ourensán, un cambio radical
- 23/04/2023
- Con motivo do día das nenas e dos nenos
- 21/04/2023 | A Limia
- Obradoiros de hábitos saudables
- 20/04/2023 | A Limia
- Esforzo, aire libre e equipo
- 17/04/2023 | Xinzo de Limia
- O CDR nas XXIX Xornadas da Asociación Portuguesa de Ed. Ambiental
- 10/04/2023 | Manteigas (Garda- Serra da Estrela)
- Escoita as pedras...
- 10/04/2023 | Boado
- Respectando a diversidade a través da acción social conxunta
- 05/04/2023
- Participamos no encontro cidadán Rural Cambote
- 02/04/2023 | Rodeiro
- Non queremos ser un territorio de sacrificio
- 31/03/2023 | Lodoselo
- O CDR na 6ª edición de #MásSocial
- 31/03/2023 | A Coruña
- Obradoiros en saúde e coidados
- 30/03/2023 | A Limia
- O CDR nas aulas do CIFP Portovello
- 29/03/2023 | Ourense
- No 4º aniversario da 1ª manifestación da Revolta da España baleirada
- 29/03/2023 | Lodoselo
- De Parola: Radio Lodoselo. Centro de Inclusión
- 24/03/2023 | Lodoselo
- Talento, futuro, traballo
- 22/03/2023 | Ourense
- Participamos no curso de COCEDER de xestión de entidades de desenvolvemento sostible
- 20/03/2023 | Piles (Gandía-Valencia)
- Seguimento do Proxecto FAIN
- 20/03/2023 | A Limia
- Mocidade: Emprego e futuro no rural
- 20/03/2023 | A Limia
- Venres de música no Centro de Inclusión
- 12/03/2023 | Lodoselo
- FEGADACE (proxecto Rumbo) e o CDR O Viso (proxecto Biocoidados)
- 07/03/2023 | Xinzo de Limia
- Facendo comunidade
- 06/03/2023 | Rebordechá
- Actividades en familia
- 06/03/2023 | Lodoselo
- A escola é o mellor do pobo
- 03/03/2023 | Campo do Gerês
- A importancia das habilidades sociais no eido laboral
- 01/03/2023 | A Limia
- Gobernanza inclusiva e participativa
- 26/02/2023 | Santiago
- Biocoidados: facendo urxente o esencial
- 19/02/2023 | A Limia
- Fomentando encontros, espazos e sentirnos comunidade
- 16/02/2023 | Laroá
- A aprendizaxe-servizo como metodoloxía no Grao en Publicidade da UVigo
- 15/02/2023
- Novo curso de alfabetización dixital
- 09/02/2023 | A Limia
- Recuperación de aprendizaxes e saberes
- 09/02/2023 | A Limia
- Degrañando testemuñas contra o despoboamento
- 08/02/2023 | A Limia
- A pedagoxía do querer
- 03/02/2023 | Boado
- Recibimos a visita de admirables militantes rurais de Os Ancares (Lugo)
- 02/02/2023 | Lodoselo
- Viajetal Galicia, capítulo 1. Vídeo e podcast
- 26/01/2023
- Participación do CDR no Acto de resolución das convocatorias de proxectos sociais 2022 Galicia da Fundación La Caixa
- 25/01/2023 | Santiago de Compostela
- Reunión co DX de Maiores e Atención Socionanitaria, Antón Acevedo
- 25/01/2023 | Santiago de Compostela
- Contribuíndo a crear un ambiente favorable de coidado e respecto polos animais
- 17/01/2023 | Lodoselo
- Pobos que coidan
- 13/01/2023 | A Limia
- A mocidade limiá establecerá lazos para o ben común coa de Bolivia
- 12/01/2023 | Xinzo de Limia
- Cantámoslle os Reis do Quiquiriquí
- 06/01/2023
- Un rural habitable e habitado
- 04/01/2023 | A Limia
- Xa está aberto o plazo para solicitar o distintivo Empresa Solidaria
- 31/12/2022
- Os Sábados en familia: lecer saudable
- 31/12/2022 | A Limia
- Cantamos os Reis... Sempre
- 29/12/2022 | A Limia
- Eu son... CDR
- 22/12/2022 | A Limia
- Oportunidade grande de traballar en comunidade e para a comunidade
- 20/12/2022 | A Limia
- Contribuíndo á plena Inclusión na comarca da Limia
- 18/12/2022
- A eternidade non ten présa (Concha Rousía)
- 15/12/2022 | A Limia
- Doazóns de alimentos e produtos de hixiene
- 14/12/2022 | A Limia
- O CDR e a Universidade conxugan traballo e investigación co Proxecto “Biocoidados”
- 13/12/2022 | Xinzo de Limia
- O Concello cede os espazos de traballo para o equipo do proxecto FAIN
- 12/12/2022 | Xinzo de Limia
- Voluntariado, compromiso, solidariedade... 5 de diciembre
- 05/12/2022 | A Limia
- Estanlle poñendo cadeado ós pobos
- 02/12/2022 | Lodoselo
- Sete persoas do CDR O Viso participaron no encontro de Biocoidados
- 02/12/2022
- Este domingo o CDR O Viso en Incombustibles (TVG)
- 28/11/2022
- A natureza ten dereitos, a muller tamén.
- 26/11/2022 | Xinzo de Limia
- Abre os ollos contra a violencia machista
- 25/11/2022 | A Limia
- II Xornada de convivencia gastronómica.
- 23/11/2022 | Lodoselo