Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 29/08/2022 | Parte do equipo do CDR

Xogar en comunidade, vivir en comunidade

Xente de tódalas idades e de tódolos lugares da Limia xogaron nas Olimpíadas Rurais.

29/08/2022 | A Limia

Facer do rural un espazo vivo no que habitar en comunidade ten sido, é e será unha máxima do Centro de Desenvolvemento Rural o Viso e este sábado escribiuse un novo capítulo nesta historia. Naceu da mocidade para o resto da xente.

O Centro de Información Xuvenil, o CiX, que noutrora fora punto de encontro da xente nova na Limia, deixou claras as súas intencións con esta xornada de participación e brincadeira. As festas queren véspera e o CiX pode dar fé. Fai dous meses que congregou a persoas e colectivos de diferentes sensibilidades para organizar esta actividade. O grupo funcionou tan ben que quixo crear a súa propia identidade e así naceu o Colectivo Ras.
O sábado 27 xuntáronse cerca de cen deportistas e xogadoras na Alameda do Toural de Xinzo para competir e para convivir. Probas decididamente deportivas coma carreiras ou lanzamentos combináronse con outras máis lúdicas coma o brilé.
As máis de duascentas persoas que se achegaron ó Toural para ver o evento deron conta da victoria do equipo de Vilar de Santos, que será probablemte o encargado de acoller a edición de 2023. Malia isto, a victoria real foi compartida entre os nove equipos que disputaron as probas, as cen deportistas, as duascentas visitantes e todas as persoas que dun ou doutro xeito fixeron parte desta convivencia.
A mocidade aprendeu da xente non tan nova con experiencia en proxectos de dinamización e saen coa bagaxe suficiente como para comandar novas iniciativas. Este obxectivo foi a aposta do CiX na última convocatoria de Inclusión da Consellería de Política Social á que comepetiu recentemente para buscar o apoio da Administración neste camiño de participación e dinamización.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d387307870k8342851o2l1/Olimpíadas 2022

Arquivada en:
Infórmate > Noticias