Accesibilidad
Infórmate > Noticias 

Noticias 

Olimpíadas rurais
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

18/08/2022 | A Limia

Organizadas polo colectivo RAS e o CIX- CDR O Viso, coa colaboración de Galiza Nova.

1 de 3

O día 27 de agosto celebraremos unhas olimpíadas rurais organizadas polo colectivo RAS e o CIX-CDR O Viso, coa colaboración de Galiza Nova.
O obxectivo desta xornada é promover a inclusión social, dinamizar a participación dos limiás e promover a cultura e música en galego.
Contaremos con diversas probas que van dende un ámbito máis deportivo como un pequeno duatlón e unha proba de velocidade, ata  probas populares como lanzamento de pataca, o brilé ou os birlos entre outras.
Os equipos estarán formados por entre 6 e 12 persoas e o prezo por equipo será de 10€. Deberán ser obrigatoriamente equipos mixtos, tratando de equiparar, sempre que sexa posible, o número de homes ó de mulleres.
Todos os participantes recibirán unha entrada de balde ás piscinas municipais.
Ó remate das probas haberá foliada aberta con entrega de premios.
Os horarios das probas serán de 9:30 ata as 21:00 e das 22:00 en adiante comezará a foliada

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
Outras formas de asociarte
  • Chamando ao 988 46 15 71
.

Hosting por

Radio Lodoselo

banner