Infórmate > Noticias 

Noticias 

Novo curso de formación de Asistente Persoal no medio rural
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

06/10/2021 | Xinzo de Limia e Comarca

1 de 1

Sete persoas da Comarca da Limia comenzan, hoxe, o curso de formación Asistente Persoal no Medio Rural, co obxectivo de mellorar a inserción sociolaboral das persoas que participan no Programa de Itinerarios Integrados para Loitar contra a Despoboación.

Esta formación pretende mellorar a capacitación do alumnado, dotándolle de competencias persoales e profesionais para dar un apoio profesionalizado ás persoas en situación de dependencia. Esta mellora da cualificación aumentará as posibilidades de atopar un emprego e profesionalizar a atención ás persoas dependentes no medio rural.

Os contidos da formación son os seguintes:

  • Fundamentos da vida independente. Proxecto de vida.
  • A figura do asistente persoal no medio rural.
  • A interacción social . Habilidades sociais e comunicación. A empatía.
  • Relación profesional e confidencialidade.
  • Aspectos legais, éticos e xurídicos da asistencia persoal.
  • Produtos de apoio e ferramentas da prevención.
  • Primeiros auxilios.
  • Igualdade de oportunidades e Sensibilización Medioambiental.

A formación é gratuita e enmárcanse no Programa de Itinerarios integrados para loitar contra o despoboamento rural POISES. Cofinanciado polo FSE con cargo ó programa operativo do mesmo nome, pertencente ó FSE 2014-2020 (CCI 2014ES05SFOP012) para loitar contra a despoboamento rural e o Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural da Xunta de Galicia (regulado pola ORDE do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.3- Orientación e Inserción laboral

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies