Infórmate > Noticias 

Noticias 

Somos coidables (as persoas, a comunidade, a terra)
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

27/09/2021 | Vilar de Santos

 Participamos no IV Festival Son Labrego

1 de 5

O pasado sábado 25 de setembro participamos no IV Festival Son Labrego – Aires Novos, organizado pola xente do Sindicato Labrego Galego. Foi en Vilar de Santos no Espazo Carabuñas e a Arca da Noe onde ó longo de todo o día compartimos obradoiros e palestras para reivindicar un rural sustentable e habitable. Nós participamos na palestra “Enraizando e resistindo. A agroindustria contra a vida” compartindo experiencias e reflexións co Samuel de Gomareites, gandeiro en extensivo, co Serafín da Sociedade Galega de Historia Natural e co Perfecto de Daiquí. Falamos dos coidados, recoñecendo o dereito de toda persoa a coidar e a ser coidada, porque acreditamos na idea de que os seres humanos  non só somos políticos ou sociables por natureza como adoita dicirse, senón que antes que nada, somos coidables (Ana de Miguel). O noso xeito de resistir é mudar un medio rural visitable por un medio rural habitable coidando das persoas, da comunidade e da terra.

 Tamén participamos na Feira Sustentábel para dar a coñecer o noso proxecto de recuperación das sementes autóctonas que están levando a cabo a Pili e o Eloi e o voluntariado do CDR. Trátase dun proxecto de Voluntariado Ambiental e de Investigación - formación e sensibilización en materia medioambiental e de desenvolvemento sostible financiado polo Ministerio de Agricultura (vía COCEDER) e pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, co que se levan varios anos experimentando na recuperación de sementes e plantas propias da Limia; o sábado achegáronse moitas persoas interesadas e puideron levar sementes para as súas hortas.

Foi unha xornada de aprendizaxes, encontros e reencontros de persoas resistindo e dándonos folgos para seguir camiñando cara unha vida rural sustentable.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies