Infórmate > Noticias 

Noticias 

Apoio na mellora da empregabilidade
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

05/08/2021 | A Liimia

Programa de Itinerarios integrados para loitar contra o despoboamento rural POISES

1 de 1

No Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, traballamos para apoiar as persoas que están desempregadas ou traballando e precisan asesoramento para mellorar as súas posibilidades de atopar un emprego e/ou mellorar os seus coñecementos.

Durante o ano 2021, 46 persoas están a participar, de forma gratuita, en Accións de Orientación Laboral, Formación e Acompañamento á Inserción laboral. Neste periodo, 13 persoas atoparon un traballo e 30 persoas fixeron cursos de formación específica para mellorar os seus coñecementos nas áreas sociosanitaria, logística, comercio e administración.

A nosa labor, enmárcanse no Programa de Itinerarios integrados para loitar contra o despoboamento rural POISES. Cofinanciado polo FSE con cargo ao programa operativo do mesmo nome, pertencente ao FSE 2014-2020 (CCI 2014ES05SFOP012) para loitar contra a despoboamento rural e o Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural da Xunta de Galicia (regulado pola ORDE do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).)

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.3- Orientación e Inserción laboral

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies