Dende - Ata: 03/04/2008 - Actualmente
Temos varias frontes abertas e case sempre vencelladas entre si, como a vida mesma; sabedes dos espazos que ocupamos, coidamos (terreos que nos deixan e que utilizamos para horta e para os animais domésticos que temos ( burros, ovellas, galiñas, coellos, patos, pavos, abellas, Néboa, gato...). Neste momento, por ser menos coñecido queremos contarvos este.
Investigación para a recuperación, recolección e almacenaxe de sementes de variedades autóctonas da comarca da Limia.
Os nosos obxectivos son:
- Investigación en recursos xenéticos locais (sementes de produtos de agricultura tradicional).
- Investigación para a recuperación dos coñecementos tradicionais, ligado á conservación da biodiversidade agraria.
- Fomento dunha agricultura social sustentable na procura de loitar contra o cambio climático.
- Fomento dunha cultura alimentaria saudable, dentro do marco do desenvolvemento rural sustentable.
- Fomento na implantación de cultivos autóctonos cun enfoque ecolóxico e sustentable, dentro do marco do desenvolvemento rural sustentable.
- Investigación científico - técnica para a mellora das prácticas en educación ambiental en materia de conservación da biodiversidade.
- Recuperación dun patrimonio cultural/natural, hoxe en desuso pola implementación dunha agricultura industrial e extensiva.
- Recuperación dos coñecementos que aínda quedan na memoria de persoas maiores da nosa comarca dedicadas á agricultura.
- Valorar o seu coñecemento e convertelos en transmisores deles.
- Buscar un asesoramento por profesionais en agricultura social e biolóxica.
- Conseguir/recuperar sementes de cultivos tradicionais que se empregaban na comarca.
- Crear un banco de sementes
- Aprender técnicas de recolección, selección e conservación de sementes
- Aprender as técnicas de plantación, cultivo, recolección, obtención de sementes.
- Establecer un vínculo de conexión entre persoas maiores, con coñecementos en agricultura tradicional con novos/ as agricultores/ as ou poboación que estea interesada nestas prácticas.
- Poñer en valor a agricultura tradicional e as súas variantes como agricultura social e agricultura biolóxica.
- Poñer en valor a aquelas persoas que teñen estes coñecementos e que é necesario preservar para xeracións futuras.
- Dotar a estas persoas de habilidades na transmisión de coñecementos.
- Permitir que persoas maiores síganse sentindo “útiles”.
- Establecer un lugar como centro de información, situado en Lodoselo e outros pobos limítrofes.
- Levar á práctica as técnicas aprendidas, coa consecuente plantación e seguimento de cultivos das sementes colleitadas, xerando produción de novas sementes.
- Obter produtos de calidade, obtidos mediante cultivo biolóxico e social, cun mínimo impacto ambiental tanto a nivel de contaminación na produción como en xeración de gases efecto invernadoiro, debido á proximidade produción/consumo.
- Conseguir os requisitos de trazabilidade que nos permitan empregar estes produtos nas instalacións do CDR “O Viso” nas diferentes dependencias.
- Potenciar os cultivos mediante as técnicas mostradas, coa obtención de produtos que promovan o autoconsumo nos habitantes da comarca, reducindo o impacto ambiental.
El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al mecenazgo de la Fundacion Barrie y la RSC de Edisa:
MAPA WEB
ACCESIBILIDAD WEB
AVISO LEGAL
POLITICA DE COOKIES
LICENCIA