O noso traballo >  

O noso traballo

C.3- Escola de Tempo Libre "Limicorum"

  • Facer cousas, poder facelas, querer facelas
  • Dende - Ata: 15/01/1991 - Actualmente

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” e dentro do seu proxecto integral, continúase a potenciar dende o ano 1.991 particularmente á mocidade da comarca, favorecendo unha formación e información ligada ós recursos posibles da Limia. Impulsando a iniciativa económica, traballando no plano da dinamización sociocultural, favorecendo a súa participación, transmitindo uns valores axeitados, descubrindo o entorno e a propia identidade.

OBXECTIVOS:

  • Formar á mocidade da comarca mediante cursos de perfeccionamento e especialización en actividades e técnicas orientadas ó tempo libre.
  • Levar a cabo unha intervención eficaz e adecuada no espazo da dinamización sociocultural, aportándolle os instrumentos adecuados á xuventude.
  • Facilitar a inserción socio-laboral dos mozos e mozas aproveitando as posibilidades do entorno como axentes dinamizadores da comunidade rural.
  • Organizar campañas e mesas informativas dirixidas á mocidade sobre hábitos de vida saudables pondo especial énfase nas problemáticas do alcohol, SIDA, sexualidade, drogas, trastornos da conduta alimenticia, violencia e condución vial.

Hosting por dinahosting.

banner

Materiais relacionados
Imaxes
  • 1 de 1