Co obxectivo de que os nosos maiores poidan permanecer no seu fogar, dende o CDR “O Viso”, ofertamos os seguintes servizos para aquelas persoas maiores e as súas familias, que necesiten axuda no seu día a día:
-
Servizo de transporte adaptado.
-
Servizo de comedor comunitario con subministración externa.
-
Servizo de lavandería.
-
Servizo de terapia ocupacional e rehabilitación menor.
-
Servizo de ludo-biblioteca: préstamo de material didáctico e informativo para familias con maiores dependentes.
-
Servizo de préstamo de axudas técnicas e de valoración da accesibilidade do fogar.
-
Atención e apoio aos nosos maiores dependentes e ás súas familias e/ou persoas coidadoras.
-
Servizo de acompañamento hospitalario e xestións básicas.
-
Servizo de preparación de medicación semanal.
Máis información no teléfono 988 46 15 71 ou no enderezo electrónico info@cdroviso.org.