Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/07/2022 | NUEVOS CUROS DE FORMACIÓN ONLINE

Novos cursos de formación online

05/07/2022 | A Limia

Ampliamos a oferta formativa gratuíta no CDR O Viso, co obxectivo de mellorar a capacitación de persoas traballadoras e desempregadas que viven na nosa Comarca.

Dende a Área de Inclusión Social e Laboral seguimos apostando pola importancia da formación como ferramenta de aprendizaxe ao longo da vida. Durante todo o ano, as persoas da Comarca da Limia poderán ser atendidas en Orientación laboral para determinar a formación que máis se adecúa ás súas necesidades de emprego ou ao seu posto de traballo.

Podes contactar con nós para informarte sobre estas accións formativas gratuítas e a forma de acceso:

• ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR

• FORMACIÓN BÁSICA EN LIMPEZAS XERAIS

• CONTABILIDADE

• FACTURA DIXITAL

• ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

• PRIMEIROS AUXILIOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

• ADMINISTRACIÓN DE ALIMENTOS E TRATAMENTOS A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO

• ATENCIÓN AO CLIENTE E CALIDADE DO SERVIZO

Estas accións formativas realízanse na modalidade de teleformación e cada persoa participante recibirá o apoio e as indicacións necesarias para favorecer o seu proceso de aprendizaxe. Por outra banda, no CDR O Viso, temos dispoñibles ordenadores con conexión a Internet, para aquelas persoas que o precisen. Estas actuacións enmárcanse no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012) do Ministerio de Traballo e Economía Social, dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e son cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (O FSE inviste no teu futuro) e o Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural da Xunta de Galicia (regulado pola Orden de 9 de setembro de 2021 pola cal establécense as bases reguladoras e convócase o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de Política Social da Xunta de Galicia (DOG nº 183 del 22 de setembro de 2021).

A formación inclúe a Acción de Orientación e a Formación Complementaria en Sensibilización Medioambiental e Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (10 horas)

Prazo de inscrición aberto, contacta con nós: Rúa Ladeira, 21, baixo. Xinzo de Limia Telf.: 98 461571 orientacionlaboral@cdroviso.org

Arquivada en:
Infórmate > Noticias