Accesibilidad

Noticias 

Experiencias comunitarias rurais integradoras: Unha experiencia de 35 anos de boa veciñanza (CDR O Viso)

32 Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

24/04/2022 | Pontevedra

O vindeiro venres, 29 de abril, estaremos a participar en Pontevedra no 32 Congreso: “Atención Xerontolóxica e Xeriátrica:  edadismo e principios éticos” invitados pola  Sociedade  Galega de  Xereontoloxía e  Xeriatría. Grazas por contar con nós.
O título da Mesa redonda no que participaremos é “Entre o apoio e a atención nunha comunidade envellecida: propostas e solucións na vangarda sociodemográfica. Iniciativas e Programas Comunitarios de mellora” con Sandra Pena, a representante da Comisión de Envellecemento da Federación DOWN GALICIA, que falará do Envellecemento nas persoas con síndrome de Down: intervención na comunidade e Laura Pozo, a Coordinadora da Rede de Cidades Amigables coas persoas Maiores (IMSERSO) que falará da Rede de Cidades amigables para persoas Maiores como ferramenta para a creación de contornas inclusivas
A  Sociedade  Galega de  Xerontoloxía e  Xeriatría é  unha Sociedade Científica e Profesional que ten como principal obxectivo a mellora da calidade de vida das Persoas Maiores galegas. Actualmente aglutina ao redor de 400 socios, con 33 anos de desenvolvemento e actividades tratando de sensibilizar e fomentar o coñecemento da sociedade acerca da importancia de coñecer o fenómeno do envellecemento, tanto desde o punto de vista sociodemográfico como da consecución dunha boa saúde.
Estes dous días (29 e 30 de abril no Pazo da Cultura) prometen ser un bo marco de coñecemento e intercambio para explorar as sinerxias ao redor das melloras da calidade de vida das Persoas Maiores. Con interesantes Mesas redondas, Conferencias, Cursos - Workshops, Sesións de Comunicacións en  POSTERS Clínicos, Sociais e Experiencias validadas, Sesións de Comunicacións Científicas Libres Orais. E con temáticas como a Actualidade  diagnóstica e terapéutica en Trastornos  neurocognitivos e enfermidades  neurodegenerativas; comunicación, imaxe social e envellecemento; Repensando na atención xeriátrica e xerontolóxica desde as profesións; Aprendizaxes  Covid-22 e atención xeriátrica: análise desde a Xeriatría internacional para novos modelos de atención de longo prazo; calidade de Servizos, Modelos de futuro na atención de longo prazo e financiamento; prescrición de medidas de contención física e química, consideración e aspectos técnicos e legais acordes á Instrución da Fiscalía. E un longo etc.


 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias