20/12/2021 | Comarca da Limia
POISES, resumo do ano 2021
1 de 5
© CDR O Viso
Terminamos o ano 2021 coa satisfacción de traballar por e para a mellora da empregabilidade de 51 persoas da Comarca da Limia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), cos Itinerarios Integrados para Loitar contra o Despoboamento no Medio Rural.
As persoas que accederon ao programa estaban en situación de desemprego ou en activo e acudiron ao CDR O Viso co obxectivo de mellorar as súas posibilidades de atopar emprego e/ou mellorar os seus coñecementos e habilidades en áreas específicas do traballo.
O desenvolvemento de cada itinerario consistiu nun traballo individualizado de Orientación Laboral, de Formación e de Acompañamento á Inserción Laboral. Partindo dun diagnóstico de empregabilidade, elaborouse o Plan de Traballo de cada participante, deseñando o “camiño para atopar os seus obxectivos e acompañamos no proceso da súa inserción laboral.
“Un Camiño”, un Itinerario, implica traballar aspectos persoais de forma pro activa, facilitar recursos, dotar de estratexias de planificación para a Procura de Emprego, asesorar para afrontar un proceso de selección e moito traballo nas competencias persoais para conseguir enfrontar o reto con positividade. Durante este período, valórase a posibilidade de ofrecer unha oferta formativa gratuíta, dando resposta ás necesidades de cada participante.
Durante o ano 2021, a Teleformación xogou un papel importante para a mellora da cualificación de 47 persoas que viven na Comarca da Limia, con moita dispersión xeográfica e onde a demanda formativa é moi heteroxénea. A nosa oferta formativa foi completamente individualizada, feita á medida das necesidades e intereses das persoas participantes no Programa. A pesar das dificultades de conexión a internet ou dos seus coñecementos limitados no manexo das novas tecnoloxías, adquiriron os coñecementos para traballar e competencias dixitais, quitando así o “medo aos ordenadores”.
Dende o CDR O Viso, para “vencer os medos” ás novas tecnoloxías, empregamos unha metodoloxía baseada no coñecemento das necesidades pedagóxicas de cada participante. Para salvar a “fenda dixital” que temos no noso medio rural, continuamos ofrecendo a posibilidade de ter conectividade gratuíta na nosa oficina e recursos TIC (Tablet e ordenadores) para que o alumnado sen recursos poida realizar a formación dende a súa casa.
Botando a vista atrás , podemos facer un balance moi positivo do ano, confirmando que dende o prisma “da persoa” se poden deseñar actuacións oportunas, eficientes e humanas.
No ano 2021, 51 persoas realizaron un Itinerario Integrado, das cales:
• 44 persoas accederon en situación de desemprego e 21 conseguiron un traballo (47,72%)
• 47 persoas realizaron un curso de formación nunha área específica de traballo (loxística, socio-sanitaria, administración, atención ao cliente…)
Os números nunca teñen sentido se detrás non hai persoas, actitudes e ganas de traballar… María José , Juan Carlos, Verónica, María Dolores, Rosa, Gabriela, Myriam ... e 96 persoas mais, son participantes atendidos/as polo noso equipo de profesionais; compartiron inquietudes persoais e laborais, fixeron tele formación e moitas delas … chamaron para darnos a gran noticia de “ Mañá comezo a traballar!”.
O traballo en rede cos Servizos Sociais de Xinzo de Limia e Comarca, co Dispositivo Comarcal de Inclusión Socio laboral, co Centro de Información á Muller, coa Cruz Vermella, co Centro de Saúde de Xinzo de Limia e con Cáritas Diocesana, permitiunos deseñar e integrar as actuacións individualizadas dunha forma mais adecuada e acorde ao entorno no que nos encontramos.
Dende o CDR O Viso xa temos a nosa mirada posta no ano 2022; unha mirada que seguirá sendo cara as persoas e cara a vida na nosa Comarca.
Estas actuacións enmárcanse no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012) do Ministerio de Traballo e Economía Social, dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e son cofinanciados polo Fondo Social Europeo (O FSE inviste no teu futuro) e o Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural da Xunta de Galicia (regulado pola ORDE do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de Política Social da Xunta de Galicia).
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
- O programa Biocoidados en fase de implementación
- 13/08/2022 | A Limia
- A auga, un recurso vital
- 06/08/2022 | Lodoselo
- A Deputación subvenciona, un ano máis, o noso proxecto integral de intervención actualizado
- 01/08/2022 | A Limia
- Aprendemos o que amamos
- 01/08/2022 | Lodoselo
- Unha ovella no inverno apaga máis lumes que un helicóptero no verán
- 26/07/2022
- Xornada de educación ambiental no concilia
- 24/07/2022 | Lodoselo
- Acollemos a visita da Conselleira de Política Social e Xuventude
- 07/07/2022 | Lodoselo
- Novos cursos de formación online
- 05/07/2022 | A Limia
- Concilia verán 2022
- 05/07/2022 | A Limia
- Na festa do Pico, pico, zarandico
- 04/07/2022 | Laroá
- Xuventude Mentoring, formación e mentorización
- 30/06/2022
- A volta do Pobo-escola
- 29/06/2022 | Lodoselo
- O CDR O Viso continúa un ano máis na MAP galega do SHERPA
- 29/06/2022 | Santiago de Compostela
- Ser especialistas en persoas
- 28/06/2022 | Lodoselo
- A vida xa a temos gañada ó nacer
- 28/06/2022 | Lodoselo
- Preséntase o libro A Memoria da Auga
- 24/06/2022 | Boado
- Representantes dos Colectivos de Acción Solidaria visitarannos o 23 e 24 de xuño
- 22/06/2022 | Lodoselo
- Celebramos o Encontro de Familias
- 19/06/2022 | Lodoselo
- Máis que un servizo de proximidade son sentimentos de proximidade
- 17/06/2022 | Lodoselo
- Participamos no III encontro de Axentes Socioeducativos
- 15/06/2022 | Santiago
- Aldeas Saudables
- 10/06/2022
- Récord de demanda do Concilia de Verán do CDR O Viso.
- 10/06/2022 | A Limia
- III Encontro de Axentes Socioeducativos
- 08/06/2022 | Santiago de Compostela
- Manifestación o domingo, 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente
- 03/06/2022 | Santiago de Compostela
- Ana Pontón, a líder da oposición no Parlamento Galego, visita o CDR O Viso
- 01/06/2022 | Lodoselo
- Abrimos o prazo para o Concilia de verán 2022
- 23/05/2022 | A Limia
- As casas de acollida de Lar Muimenta e Valdomiño uníronse, a pasada fin de semana
- 22/05/2022 | Lodoselo
- Interensantísima xornada
- 22/05/2022 | A Limia
- Medra o xardín sensitivo e nós con el
- 18/05/2022 | Lodoselo
- Favorecendo a inclusión dos maiores na vida social máis alá da xubilación
- 16/05/2022 | Lodoselo
- Apreciando o valor inmenso da nosa contorna natural
- 04/05/2022 | As Mercedes
- O Pobo escola abre as súas portas
- 02/05/2022 | Lodoselo
- Co alumnado de Atención a Persoas en Situación de Dependencia de Viana do Bolo
- 01/05/2022 | Lodoselo
- Experiencias comunitarias rurais integradoras: Unha experiencia de 35 anos de boa veciñanza (CDR O Viso)
- 24/04/2022 | Pontevedra
- Novo obradoiro de Ecoembalaxe: Consumo responsable - PensandoECO
- 21/04/2022 | Laroá
- Sábado de Gloria... expectantes
- 18/04/2022 | Lodoselo
- Outro modelo de atención é posible
- 11/04/2022
- O patrimonio da xente boa
- 10/04/2022 | Vilar de Gomareite
- Preinscrición Casa Niño Lodoselo
- 05/04/2022
- Sábado en Familia
- 05/04/2022
- A necesaria alfabetización dixital
- 04/04/2022 | Lodoselo
- Presentación INCLULIMIA
- 31/03/2022 | Lodoselo
- Somos o mañá dos pobos
- 31/03/2022 | A Limia
- Moito máis que un café...
- 24/03/2022 | Xinzo de Limia
- Boado publicará un libro coa memoria da súa auga
- 16/03/2022
- Medrando con cambio de mirada
- 12/03/2022 | Lodoselo
- O CDR O Viso estende o 8M
- 09/03/2022 | A Limia
- Aprendendo a construír xuntas e xuntos o camiño da igualdade
- 04/03/2022 | A Limia
- Recibimos ós amigos de Lar de Muimenta e ós de Aventeira
- 04/03/2022 | Lodoselo
- Visita ó CDR O Viso para a realización dun traballo final grupal de Educación Social
- 25/02/2022 | Lodoselo
- Participamos no encontro entre entidades colaboradoras na POIG
- 24/02/2022 | Santiago de Compostela
- Un pobo que coida
- 19/02/2022 | San Bartolomé de Pinares (Ávila)
- Lugares especiais con xente marabillosa
- 15/02/2022 | A Limia
- Reunións mensuais coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy
- 08/02/2022 | Lugo
- O CiX da Limia recibe á Directora Xeral de Xuventude
- 04/02/2022 | Xinzo de Limia
- Á procura de mellorar as situacións de vulnerabilidade social e risco de exclusión
- 27/01/2022 | A Limia
- As Consellerías de Política Social e Emprego e Igualdade volven financiar, un ano máis, os nosos programas
- 24/01/2022 | A Limia
- Apoio na Procura de Emprego
- 18/01/2022 | Comarca da Limia
- O acougo dun radical Grande
- 11/01/2022 | A Limia
- O Patronciño, Son Voltas e a Pita Pitaina
- 07/01/2022 | A Limia
- Ela fíxonos mellores
- 03/01/2022 | Lodoselo
- Continuamos a prestar servizos básicos e necesarios de atención a situacións de primeira necesidade e produtos de apoio.
- 22/12/2021 | A Limia
- Contribuíndo na creación de redes de apoio entre as familias participantes
- 21/12/2021 | A Limia
- Sábado en familia
- 18/12/2021 | Baronzás
- O CDR O Viso á procura dun Nadal Xusto
- 15/12/2021 | A Limia
- Día das Montañas no Outeiro das tres vertentes-Monte Talariño
- 11/12/2021 | Podcast
- Biocuidados: o ecosistema de coidados para a vida que proporciona a comunidade de persoas que habitan un determinado lugar no medio rural
- 03/12/2021 | COCEDER
- Unha invitación constante a conectar cos ritmos da natureza
- 02/12/2021 | Lodoselo
- Dando o mellor de nós despois de encaixar o gol
- 27/11/2021 | A Limia
- O rural contra a violencia machista: que podo facer eu?
- 26/11/2021 | A Limia
- Nos colexios rurais tamén aprendemos a previr e combater as violencias machistas.
- 23/11/2021 | A Limia
- O virus acaba de meternos un gol
- 22/11/2021 | Lodoselo
- Pobo - escola: aprender no pobo, do pobo, o pobo
- 17/11/2021 | Lodoselo
- Día internacional para a Tolerancia
- 16/11/2021 | Xinzo de Limia
- Medrando e pensando a través dos xogos de onte e de mañá
- 11/11/2021 | Xinzo de Limia
- A recuperación dos soutos do Liñón como práctica de éxito na Voz da Escola
- 10/11/2021 | Lodoselo
- Obradoiro de Memoria
- 09/11/2021 | Vilar de Barrio
- A xente de Sandiás aprende competencias dixitais
- 09/11/2021 | Sandiás
- Sábado en familia
- 06/11/2021 | Lodoselo
- Magostiño no xardín dos sentidos
- 30/10/2021 | Lodoselo
- Agropuzzle, unha iniciativa de intercambio de experiencias de desenvolvemento e sustentabilidade rural
- 25/10/2021
- Sinerxía, traballo en equipo
- 21/10/2021 | Lodoselo
- Sábados en familia
- 18/10/2021 | Saa e Vilar de Santos
- Domingos de Outono
- 17/10/2021 | Lodoselo
- Visitamos a Limuhe, a Dama da Lagoa
- 16/10/2021 | A Limia
- Unha edición máis participamos no festexo da Pataca
- 10/10/2021 | Vilar de Barrio
- Novo curso de formación de Asistente Persoal no medio rural
- 06/10/2021 | Xinzo de Limia e Comarca
- Xuntámonos en Laroá para a presentación do conto A Raíña Loba
- 02/10/2021
- Equidade dixital para tódalas idades
- 01/10/2021 | Lodoselo
- Somos coidables (as persoas, a comunidade, a terra)
- 27/09/2021 | Vilar de Santos
- Poñemos en marcha o programa de Educación Infantil Familiar na Limia
- 23/09/2021
- Participamos nun coloquio coa Conselleira de Política Social e o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
- 23/09/2021 | Santiago de Compostela
- A identidade como factor de desenvolvemento
- 22/09/2021 | Vilela. Ancares
- Poñemos en marcha un Itinerario de Inserción Sociolaboral con formación gratuíta en Asistencia Persoal no medio rural
- 13/09/2021 | Xinzo de Limia
- Acaba agosto e con el remata o noso programa Concilia de Verán
- 31/08/2021 | Lodoselo
- De visita á Ermida da Nosa Señora da Portela e Cortegada
- 28/08/2021 | Concello de Sarreaus
- 14 persoas atopan emprego co acompañamento do CDR O Viso
- 26/08/2021 | Xinzo de Limia
- Hoxe demos comezo a última quincena do Concilia de Verán 2021
- 16/08/2021 | Lodoselo
- Aya, a pegada exipcia de Sarreaus
- 14/08/2021