Accesibilidad

Noticias 

A xente de Sandiás aprende competencias dixitais

Para vencer a fenda dixital xeracional

09/11/2021 | Sandiás

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso  en colaboración co Concello de Sandiás  botou a andar as actividades de alfabetización dixital e mellora de competencias nas tecoloxías da información e comunicación na tarde do martes 9 de novembro.
Media ducia de persoas sumáronse a esta actividade que persegue vencer a fenda dixital xeracional que as novas tecnoloxías están agrandando, nomeadamente acusadas no contexto rural. A actividade, aberta a tódolos veciños e veciñas do concello limiao, estenderase ó longo dos próximos meses nos que as persoas asistentes se adestrarán en diferentes empregos do marco dixital, especialmente na busca dun uso seguro, crítico e igualitario das TIC.

É unha máis das actuacións enmarcadas na subvención de Inclusión de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-202 e de "O Viso conecta contigo" que a Fundación EDP subvencionou dentro dos proxectos presentados a “EDP Solidaria 2019”

Arquivada en:
Infórmate > Noticias