Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/08/2021 |

14 persoas atopan emprego co acompañamento do CDR O Viso

Participando nas accións de Orientación, Formación e Acompañamento á Inserción Laboral.

26/08/2021 | Xinzo de Limia

Despois de oito meses de percorrido polo ano 2021, co Programa Intinerarios Integrados de Emprego contra a despoboación rural, 14 persoas atoparon emprego coa súa participación nas accións de Orientación, Formación e Acompañamento á inserción laboral.

Dende o CDR O Viso, traballamos dende unha perspectiva integradora da persoa que chega ó noso centro, valoramos a súa situación persoal, laboral e socioeconómica para dar resposta as súas necesidades e intereses profesionais.

A persoa que participa no Programa recibe unha atención especializada e dirixida a mellorar a súa empregabilidade e competencias persoais, dándolle a coñecer os recursos da contorna, ofrencéndolle formación especializada nas áreas de especial interese para o emprego e promovendo a súa autonomía para facer xestións telemáticas básicas de emprego e formación.

Para poder acceder ó Programa, facer unha Valoración Técnica Incial e diseñar un itinerario personalizado de inserción, é preciso concertar cita previa no teléfono: 988461571.

O noso labor, enmárcanse no Programa de Itinerarios integrados para loitar contra o despoboamento rural POISES. Cofinanciado polo FSE con cargo ó programa operativo do mesmo nome, pertencente ó FSE 2014-2020 (CCI 2014ES05SFOP012) para loitar contra a despoboamento rural e o Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural da Xunta de Galicia (regulado pola ORDE do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.3- Orientación e Inserción laboral