Accesibilidad

Noticias 

101 medidas formuladas para comezar a revertir o desequilibrio territorial e o despoboamento

Ser pocos non resta dereitos

26/05/2021

Plataformas cidadás e entidades que conformamos a Revolta da España Baleirada -entre as que se atopa COCEDER, a Confederación da que o CDR O Viso forma parte -, xunto ó diputado Tomás Guitarte, o solitario diputado de Teruel Existe, que non quixo representar só á súa provincia, senón a todos os outros territorios do interior de España que se enfronta a problemas semellantes, presentaron este martes no Congreso dos Diputados o Modelo de Desenrolo da España Baleirada, as liñas de actuación das 101 medidas formuladas para comezar a revertir o desequilibrio territorial e o  despoboamento.
Os representantes da España Baleirada, que integra 160 asociaciones de 28 provincias, explicaron o Modelo de Desenrolo como “unha proposta aberta, receptiva para recibir novas propostas e suxestións”. Un traballo en rede construído desde o consenso e o diálogo desde abaixo cara arriba. Nel preséntase o medio rural “coma un espazo de oportunidades. “Un modelo que se apoia en persoas, en homes e mulleres, pero que é consciente da importancia e da fortaleza da muller rural para poder alcanzar os seus obxectivos.”
Explicaron que o documento contén un conxunto de propostas baseadas “na experiencia das persoas que viven, queren e comprenden estes territorios, que sufren as carencias e coñecen os seus recursos”. Salientar que se propón desenvolver unha estratexia nacional sobre a inclusión das persoas con diversidade funcional ou o Modelo asistencial mixto domiciliario-residente: programa de envellecemento activo no que as persoas vivamos o máximo posible nun modelo o máis parecido posible ó fogar, unha vida contextualizada. A estratexia “Os maiores na casa” como opción prioritaria no modelo de atención asistencial das persoas maiores no medio rural. A educación adaptada ó medio rural, o fortalecemento dos servizos culturais, a protección do patrimonio… aparecen como áreas con medidas específicas moi importantes.
“Isto non puede ser outro momento histórico que quede en nada”, insistiu Tomás Guitarte que exerceu de anfitrión. No peche do acto, soaron de novo no Congreso palabras de Labordeta: “De esta tierra hermosa, dura y salvaje/ haremos un hogar y un paisaje”.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias