Infórmate > Noticias 

Noticias 

Os Reis Magos, a pesares da friaxe, tamén chegaron Á Túa Outra Casa
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

06/01/2021 | Lodoselo

Carmen, Ana, Mª José e Jesús foron os paxes

1 de 1

Despois dunha longa, fría e intensa xornada e antes de volver a Oriente os Reis Magos achegáronse a deixar na Vivenda Comunitaria " A túa Outra Casa", en Lodoselo,  os agasallos desta xente boa.

Tocoulles a Carmen, Ana, Mª José e Jesús, Coordenadora, Técnicas Sociosanitarias e Terapeuta Ocupacional do CDR, repartir os presentes que queren recoñecer o comportamento exemplar de todas estas persoas durante a pandemia e significar a ilusión, a esperanza e o amor que queremos manter no día a día.

Aínda que un dos mellores regalos foi a primeira dose da vacina contra a Covid-19 coa que se despediu o 2020, agora, recibindo estes presentes, pasamos un momento moi bonito e agardamos que a promesa que nos fixeron os Reis Magos de volver o vindeiro ano sexa cumprida contando, un ano máis, coa presenza de todas e todos nós.  

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d349680045k2282311o2l1/Reis 2021

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies